SEGUIMOS CO
PLAN!!!
OLA A TODOS E A
TODAS!!
Achego unha
sesión máis para todos aqueles que estedes facendo un pouquiño de exercicio na
casa!
Estades
convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.
Ahí vai
1ª PARTE.
-
Rutina
de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).
Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que
teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-
Acostados
boca abaixo, levantarse e correr ata onde a referencia que lles marquedes.
-
Acostados
boca arriba idem
-
Sentados
cas mans levantadas.
-
Dende
a posición de cuclillas.
-
Dando
saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.
2ª PARTE:
Podemos
facerlles un pequeno percorrido
utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-
Pasar
por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata
coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a
distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de
poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.
3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU
PALOMA BLANCA-PALOMA NEGRA. LIGAZÓN:
BRUJA MANDA COLOR:LLes dicimos: Bruja
manda color… e dicimos
unha cor que haxa na sala, o neno ou
nena ten que sair correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa
poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós,
pode ser divertido.
VOLTA A CALMA:
Reproducimos o nacemento
dunha planta.
O neno está no
chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla
estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto
dunha regadeira)
Daquelo o neno
ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño)
abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está
completa, o sol marcha e vaise
marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a resìración e o
movemento do peito que sube e baixa.
Veña, a moverse!
Ningún comentario:
Publicar un comentario