30/03/12

Ovos de Pascua





Aproxímase a Pascua. Darco e mais a súa nai contáronnos como é tradición no seu pais: Bulgaria.
O xoves de Pascua cocen os ovos con sal, aceite, vinagre e cebola para selar a cáscara. Logo sumérxenos na pintura cunha culler e déixanos secar. O Domingo de Pascua, chocan uns contra outros e o que rompre perde. Fixémolo na clase e é increible como algúns ovos son todos uns campeóns. Non rompen!!!!Acaban con todos!
Aquí tedes un gañador e un vencido.

Un dos ovos píntase de vermello e gárdase para a Pascua do vindeiro ano, momento no que se romperá. Se está en boas condicións traerá a bendición para esa familia.



Tamén fan ovos de decoración con ingredientes da cociña. Vacíase o ovo por un pequeno burato. Cóbrese a cáscara con cola e alí pegamos os distintos alimentos ou materiais.
















21/03/12

Vista de Jacobo F. Serrano


Onte visitounos Jacobo F. Serrano e foi, coma decote, UN ÉXITO!!!!
A obra de Jacobo encanta aos rapaces e os talleres con el sempre son unha fonte de aprender e disfrutar.
Agradecémoslle o seu esforzo desde esta fiestra e...¡lendo os seus libros.
Aí vos quedan as imaxes que, na miña opinión falan por si soas.

13/03/12

O segredo do amor

Despois de facer este traballo, os de 3º xa sabemos que o amor hai que sembralo, coidalo e regalo cada día. É tan fráxil que se tiramos demasiado forte, pode romper en anaquiños. O bo é que con dedicación, unión e paciencia volve a brotar. E ben alimentado crece, crece e crece...


Rosalía






Durante





ímoslle adicar unha semana á nosa querida Rosalía de Castro, a nosa poeta amiga ...



Os de 3º aprenderemos


unha canción de Lucía Pérez


basada na poesía "Adiós ríos, adios fontes"








Xoga cos principios dos contos clásicos



Con este traballo realizado polos alumnos de 3º poderedes xogar a ler distintos inicios de contos clásicos e intentar adiviñar de qué conto se trata. Que vos divertades.






Pincha na imaxe e a xogar....

09/03/12

Jacobo Fernández Serrano

ESTAMOS REALMENTE DE NORABOA




O vindeiro 20 de Marzo


os de 2º ciclo


asistiremos


na biblioteca


a un obradoiro


tal e como di el


"debuxantescritorcomiqueiropintor"

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Blogue




















05/03/12

A pasarela de choiva


Tras varios anos de intentalo sen exito,por fin os rapaces e rapazas do C.E.I.P Milladoiro de Malpica deixan de traer a roupa mollada a casa grazas a pasarela cuberta que puxeron para vir e marchar da escola sen mollarse.