Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á escritura. Amosar todas as publicacións

23/02/26

3º_Día de Rosalía 2026

3º_Día de Rosalía 2026

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro copiando estrofas da súa escrita para espallar polo Camiño dos Faros. Agradecemos a María, a nai de Ángel, que como taxista se ofreceu a recoller os escritos para agasallar a aqueles camiñantes que poida trasladar ao longo do ano, regalando as palabras da nosa escritora universal a todos/as os/as que nos visiten.

Rosalíate, hoxe e todos os días do ano!

30/10/25

3º_Reescribimos un conto clásico: Pedro e o lobo

No día de onte, presentamos, en formato audiovisual, o noso produto final para as XVI Lecturas Terroríficas na biblio.

Reescribimos o conto clásico, Pedro e o lobo, partindo do mesmo título de Iván e Inacio Suárez en banda deseñada ou cómic de Demoeditorial e que forma parte do noso Plan Lector de aula.

Esperamos que vos guste, nós pasámolo de medo!

15/10/25

3º_Sesións na Biblioteca-Leolab

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Iniciamos novo ciclo e novo nivel, xa estamos en 3º de primaria, pero hai sesións que seguen a ser as nosas preferidas: ler, investigar, crear, compartir, xogar... na Biblioteca-Leolab!

Espazos e recursos creativos que nos permiten desenvolver o pensamento empático, crítico e creativo, ao tempo que nos divertimos aprendendo.

Continuará...

25/10/21

4º_XII Semana das Lecturas Terroríficas

Presentamos o produto final do Laboratorio Documental que desenvolvemos a través da Tarefa Integrada Confundindo lendas! 

Esperemos que vos guste, nós divertímonos aprendendo. 

Un laboratorio lendario!

22/05/12

Negro carbón

Que fermoso conto ese que escribíchedes! Negro carbón é unha traballadísima historia na que todo cadra. A min, parecíame que a escribira Andersen, ou os Grimm.... ata que soupen que a escribirades vós ¡Felidcidades! O enlace ás fotos para descargalas: AQUÍ

13/03/12

O segredo do amor

Despois de facer este traballo, os de 3º xa sabemos que o amor hai que sembralo, coidalo e regalo cada día. É tan fráxil que se tiramos demasiado forte, pode romper en anaquiños. O bo é que con dedicación, unión e paciencia volve a brotar. E ben alimentado crece, crece e crece...


09/03/12

Jacobo Fernández Serrano

ESTAMOS REALMENTE DE NORABOA




O vindeiro 20 de Marzo


os de 2º ciclo


asistiremos


na biblioteca


a un obradoiro


tal e como di el


"debuxantescritorcomiqueiropintor"

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Blogue




















10/02/12

todo o escrito

Gustanme moito o que escribichedes do sanmain,do magosto,da Navidad...
pero o do sanmain gustoume un pouquiño mais.

08/02/12

Poesías de Samaín

Estas son as poesías que os alumnos e alumnas de 3º fixeron no Samaín.
Noraboa aos seleccionados.

20/10/10

OS NOSOS MELLORES RELATOS

Ao longo deste curso, os alumnos de 4ºA imos ESCRIBIR sobre moitas, moitas cousas. No noso blog iremos publicando as nosas mellores producións.
Aquí tedes os mellores relatos.......o noso primeiro traballo. Que o disfrutedes!