29/01/21

Música 3ºEP_Día da Paz

 

                                     Viva a Paz! (no mundo, na vila, no patio, na aula...😄)


28/01/21

3º_Lab. Documental: lectura compartida


Presentamos o produto final do Laboratorio Documental que desenvolvemos este mes de xaneiro: Formación de Usuarios e lecturas compartidas con moitos valores.
Como peche do laboratorio levamos o exemplar Lendas do recreo á exposición Leo le...PAZ! xunto co código QR que enlaza a este vídeo e co valor escrito que tratamos e queremos conservar para seguir construíndo un mundo, interior e exterior, mellor: convivencia escolar (amizade, respecto, diversidade...)

Feliz Día da Paz a tod@s!

22/01/21

3º_Iniciando Lab. Documental

Este mes de xaneiro implementamos o Laboratorio Documental arredor da busca no catálogo en liña da nosa Biblioteca de exemplares relacionados con educación en valores, educación pola paz, convivencia, diversidade; enlazando así laboratorio de aprendizaxe e conmemoración do Día da Paz.

Reforzamos, pois, a Formación de Usuarios que iniciamos no 1º trimestre e eleximos o exemplar Lendas do recreo, para tratar aspectos coma: convivencia escolar no recreo, diversidade, empatía, compañeirismo, amizade,  xogos e imaxinación.

Este libro forma parte do Plan Lector Anual da nosa aula, un cómic que estamos a resumir para contar e elaborando os personaxes para compartilo cos/as compañeiros/as do colexio como produto final do Laboratorio Documental "Leo le...contos valorados, lecturas compartidas".

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Seguimos aprendendo divertíndonos!

15/01/21

3º_Te cuento con...emoji!


Iniciamos o 2º trimestre, volta ao cole e inicio de ano novo 2021 con novos proxectos e novas aprendizaxes vivenciais e divertidas.

Despois de redactar como foi o noso nadal e escribir os nosos recordos 2020 e desexos para 2021, iniciamos novo calendario co mes de xaneiro e o rexistro diario de emocións coa plantilla borrable que tanto nos gusta.

O 2020 non foi un ano fácil, mais un dos bos recordos que reflexamos a maioría foi: pasar tempo coa familia, tempo que nos trouxo o confinamento iniciado en marzo.

Entre os desexos 2021 escritos todos/as coincidimos en: que COVID-19 desapareza.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Saudable e feliz 2021, comezamos!