Amosando publicacións coa etiqueta paco nogueiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paco nogueiras. Amosar todas as publicacións

12/02/21

3º_Entroido 2021: SH 3ºEP

Presentamos o vídeo-resumo do noso lema no presente curso 2020/21: SH 3ºEP.

Un Entroido "diferente", mais non menos divertido; pois estivemos toda a semana moi atentos/as aos mandadiños do Farruco, creando os nosos antefaces de SH e practicando a coreografía final do noso baile superheroico, supercreativo.

No mes de xaneiro comezabamos co Lab. Documental e o libro "Lendas do recreo. A media hora dos heroes", a través do cal reforzamos valores arredor da convivencia escolar e creamos as nosas propias identidades heroicas reflectidas na táboa: Lendas do recreo. SH 3º.

Feliz e saudable Entroido 2021!

05/02/21

3º_Entroido 2021: o Farruco


Esta semana o Farruco sorprendeunos cun cartel informativo Entroido 2021:SH, que nos mantivo á espera do día de hoxe no que fomos ver...

Mandadiño 1: algo sinxelo tes que levar posto na cabeza para comezar.

A vindeira semana comezaremos un Entroido "diferente", pero non menos divertido, no que cada día coñeceremos o Mandadiño do Farruco para vir á escola con obxectos diversos.

Cada obxecto será acumulativo e quedará na aula ata o venres 12 no que os disfraces de SH (Superheroes/Superheroínas) estarán completos e bailaremos coa música de Paco Nogueiras e o seu novo traballo Extra!, dispoñible na nosa Biblioteca.
Picando na imaxe accederedes ao vídeo da canción "Superheroe, superheroína"

Na nosa aula, aproveitando a lectura que compartimos pola Semana da Paz "Lendas do recreo. A media hora dos heroes" confeccionamos unha táboa de SH 3º do Milladoiro.
Ao longo da vindeira semana elaboraremos os antefaces de SH 3º, esperamos sorprendervos!