Amosando publicacións coa etiqueta 2023-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2023-24. Amosar todas as publicacións

25/04/24

4ºEP_ Merendas saudables?


 Ola BALEATOS!

Durante o segundo trimestre, os nenos e nenas de 4ºEP estivemos investigando sobre a cantidade de azucre que contiñan as nosas merendas. Para iso, fixemos unha investigación enorme, que vos resumimos a continuación.

Nun primeiro momento, fomos recolectando os envases das merendas que traíamos á aula (lavándoos previamente). Cando vimos que tiñamos un número importante de envases, clasificámolos segundo tiveran ou non etiqueta, para facer unha busca dos segundos en internet.

Unha vez obtidas todas as etiquetas, aprendemos a distinguir nelas os seus ingredientes (e que a cantidade de cada un está relacionada coa súa posición na lista) e o valor nutricional do alimento (distinguindo os azucres por cada 100g e por ración).

Así, repartimos todas as etiquetas entre os 4 equipos cooperativos da aula. Na ficha de traballo fomos anotando a cantidade de azucre por porción (total da merenda) e por 100g. Unha vez completada a ficha, comprobamos que alimentos eran, supostamente, os máis e menos saudables. 

Despois de corrixir algún que outro erro, tiñamos unha lista de merendas bastante ampla. Descartamos merendas repetidas, como iogures ou tortiñas de millo, quedándonos cun total de 11 envases. 

Para rematar, fomos á cociña para preparar o mural. Coa báscula, fomos medindo o azucre e meténdoo en diferentes bolsiñas. Pegamos todos os envases e, ao seu lado, a bolsiña co azucre correspondente. Logo, anotamos a porcentaxe de azucre debaixo.


Tan só nos quedaba explicar todo o realizado, que non foi pouco! Como expertos, non dubidamos en facelo de tres xeitos diferentes:

  • Creamos unha nova entrada no noso caderno de investigación persoal. 


  • Gravamos un podcast, que incluímos no mural mediante o código QR. O podes escoitar clicando

  • Fixemos mini Educa-Tribos nos que, durante a Hora de Ler, cada equipo cooperativo explicou a outro alumnado do centro o que realizaron, investigaron e aprenderon durante a realización do proxecto. 

Clica aquí para acceder á galería de imaxes do proxecto.

Esperamos que vos guste!


20/04/24

CROS (FINAL PROVINCIAL) Martín Martelo (3º E.P.) e Antía Castro (4º de Educación Primaria)

 O pasado venres 12 de abril, duas alumnas do centro (Alexia de 2º de E.P. máis Antía de 4º de E.P.) e Martín Martelo de 3º de Educación Primaria, foron a Porto do Son á final provincial de Cros. 

As dúas, xunto a Martín foron as únicas clasificadas do centro na carreira comarcal que le levou a cabo en Carballo (Carreira comarcal de Cros en Carballo).
Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta  "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA), no cal o noso centro participa por primeira vez dende o programa XOGADE, impulsado pola Xunta de Galicia.

Martín Martelo resultou gañador da carreira na categoría benxamín masculino. Moi bo traballo Martín, e parabéns pola túa segunda victoria nestas carreiras!!

Dende aquí o noso recoñecemento as tres deportistas polo seu bo facer!!!



 Acceso ao album fotográfico facendo clic na seguinte:


Os tres cracks facendo un percorrido de recoñecemento do circuito:
  
                                       https://canalbarbanza.com/archivos/101441

08/03/24

4ºEP_ Entrevistas fantásticas polo 8M_ Gloria Fuertes

 Ola Baleatos!

Para o día da muller estivemos investigando a biografía e obra de Gloria Fuertes, para así poder realizarlle unha entrevista fantástica en Radio Balea.

Despois de consultar información en diferentes medios (libros, fichas de comprensión, internet...), acudimos á radio para gravar o noso programa. Alí, estivemos repasando os feitos máis importantes da súa vida baixo o punto de vista da rapazada, saíndo como produto unha entrevista tan chula como a que podedes escoitar clicando aquí. 

Ademais da propia entrevista, no podcast tamén facemos un xogo chamado "Real ou fantástico?", no que comprobaredes por vós mesmos se estivéchedes ou non atentas/os durante a entrevista. Tamén, ao final, recitamos un dos nos poemas favoritos da autora: "Cómo dibujar un niño".

Por último, para expoñer a nosa entrevista na biblioteca, elaboramos un vídeo que podedes ver a continuación, clicando na imaxe.



Elaborado por Belén García Varela

3ºEP_Entrevista fantástica: Olimpia Valencia

A aula de 3º EP presentamos a nosa entrevista fantástica a Olimpia Valencia, primeira muller galega licenciada en medicina, en relación co PDI "Medicus curat natura sanat"

A vindeira semana presentarémola na nosa biblio, celebrando a Semana da Muller 2024.

Feliz Día da Muller 2024!

03/02/24

CARREIRA DE CROS EN CARBALLO

 O pasado venres 26 de xaneiro os grupos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, participaron na carreira de Cros que se celebrou en Carballo.

Foi unha bonita experiencia onde os nenos e nenas puxéronse a proba e desfrutaron dunha nova experiencia facendo deporte.

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta  "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA), no cal o noso centro participa por primeira vez dende o programa XOGADE, impulsado pola Xunta de Galicia.

Parabéns a todos e todas e facemos unha mención especial a Antía C de 4º de Primaria. e Alexia V. de 2º de Primaria que lograron clasificarse para a seguinte rolda e Martín M. de 3º de Primaria como gañador da carreira da súa categoría.

Ligazóns da prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/01/27/manana-carreras/0003_202401C27C8991.htm

https://www.carballo.org/novas.php?id=9272&idioma=gl&sec=30

https://www.diariodebergantinos.com/articulo/bergantinos/carballo-pone-correr-casi-mil-jovenes-once-colegios-comarca-4696142

CLASIFICACIÓN:

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2024/01/RCARBALLO260124.pdf

Compartimos imaxes desta festa deportiva na que participaron preto de 1000 nenos e nenas da Comarca de Bergantiños facendo click na de abaixo:


Compartimos tamén vídeo da saída da categoría benxamín feminino que demostra a grande afluencia de participación e a dificultade da carreira:



20/12/23

Postais de Nadal dixitais

 Ola Baleatos! 

A principios de decembro, Leo, a través dunha postal, convidounos a crear unha postal de nadal dixital para enviar a quen nós quixésemos.

Despois de moito pensar, decidimos enviala ao Centro Hospitaralio Teresa Herrera (Materno Infantil) da Coruña. Esperamos ter resposta pronto e levar con eles e elas unha correspondencia periódica!

Aquí tedes a postal enviada polo alumnado de 3º de Educación Primaria:



4º de Educación Primaria realizou a súa na aplicación web Canva (https://www.canva.com/) e obtivemos este resultado (podedes acceder á galería de imaxes da actividade se clicades na postal): 


O pasamos bomba realizando esta actividade!
Esperamos ter resposta á volta de vacacións!

Felices festas

27/11/23

4ºEP_ Un 25-N de cores!

 Ola BALEATOS!

O 25 de novembro conmémorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende a biblio convidóusenos a crear unha receita médica VIO. Ademais, tivemos que buscar palabras ocultas con tinta invisible e escribir outras novas para o resto do cole! 

Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos da actividade.


Para poder colocar no panel a nosa receita médica, limos o libro "As uñas de cores", de Luis Amavisca, do que extraímos a idea global de que ninguén nos pode dicir nunca que debemos facer ou como debemos comportarnos. En honor ao protagonista da historia, fixemos un taller no que, entre toda a clase, pintamos as uñas de diferentes cores. Tivemos a gran sorte de contar con Deni, á que botábamos moitísimo de menos.

Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos da actividade.