Amosando publicacións coa etiqueta Excursión fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursión fin de curso. Amosar todas as publicacións

05/06/25

4º e 5ºEP_ Saída ao Castro de Elviña e o parque de Eirís

 O alumnado de 4º e 5º de primaria realizamos unha visita guiada polo Castro de Elviña. As monitoras explicaron todo súper ben, provocando a inquedade de todo o alumnado por saber máis. Recomendamos ir!

Despois, fomos a ter un rato de xogo libre e comer no parque de Eirís. 

Que gusto dan estes momentos de convivencia e diversión!

Clica na imaxe para acceder á galería



17/06/19

Excursión de Fin de Curso


O venres 14 de xuño realizamos a excursión de fin de curso. Visitamos o Galipark en Padrón e o alumnado de 3º e 4º de primaria puido disfrutar dun bo número de actividades ao longo do día: Tirolina, Tiro con arco, Deslizador acuático, Laser Tag...

Velaquí un video resumo do que foi a xornada.