Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
01/02/25
4ºEP_ Gandhi pola PAZ!
25/04/24
Día do libro_ Picnic saudable
Ola Baleatos!
Para festexar o Día do Libro, o 2º ciclo de Educación Primaria foi de excursión ao porto de Malpica.
Alí non só desfrutamos dunha agradable lectura, senón tamén dunha merenda saudable conxunta.
Para iso, tivemos que facer unha votación de merendas saudables, resultando como gañadora a torrada con tomate triturado e xamón serrano. Ese mesmo día 23, fomos á cociña a triturar o tomate para poder desfrutar da merenda.
Unha experiencia preciosa!
Clica aquí para acceder á galería!
25/01/24
4º EP_ Visita a SOGAMA con 5º e 6º EP
Ola Baleatos!
Este martes, 23 de xaneiro, fomos de visita a SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), xunto a 5º e 6º de primaria.
Como ben sabedes todas e todos, o grupo de 4º EP somos os Policías do Lixo e encargámonos de coidar que as aulas do cole estean limpas de residuos. Ademais, revisamos que estean ben reciclados.
Aínda que investigamos un montón sobre a contaminación e a necesidade de reciclar no cole, había cousas das que estabamos equivocados e que explicaremos ao resto das aulas durante unha Hora de Ler. Algunhas delas serán as seguintes:
- Os residuos que tirabamos en plásticos, a partires de 3º de Educación Primaria, dividiranse en dúas papeleiras: a de envases e a de fracción resto.
- Os envases dos medicamentos, acabados ou caducados, deben levarse ao punto limpo da farmacia.
- As pilas son moi contaminantes. Non se tiran na papeleira, senón que se levan a un punto limpo.
- Hai moitos puntos limpos repartidos polas rúas dos Concellos: de roupa, de pilas ou de aceite, por exemplo.
Ademais, tivemos a oportunidade de ver as máquinas do complexo e como funcionaban cunhas gafas de Realidade Aumentada (RA) e xogar a un videoxogo para saber se estivemos atentas e atentos á explicación que nos deran as monitoras. Todo un éxito!
Por último, percorremos as instalacións no autobús, onde fomos pasando por todas as partes do complexo. O que máis nos sorprendeu foron a cantidade de lixo almacenado para separar, o tamaño dos cubos de lixo preparado para enviar a reciclar ou as cinzas do material co que producen enerxía eléctrica e que almacenan nunha fosa na que van facendo capas.
Agora si que podemos dicir que case somos expertos na reciclaxe... Axudádesnos a proseguir o camiño?
Clica aquí para acceder á galería de imaxes.
29/11/23
Saída á DOMUS
Ola Baleatos!
Hoxe, 29 de novembro, fomos de excursión á DOMUS.
Primeiro, fixemos un obradoiro no laboratorio do museo, no que distinguimos as diferentes partes dunha flor e fixemos con elas unha infografía.
Logo de merendar, visitamos libremente o museo, no que aprendimos moitas cousas que están relacionadas co PDI do noso centro "Medicus curat, natura sanat": sobre o corpo humano, os ODS2030, os nosos antepasados... Descubrimos un montón de curiosidades científicas que non coñecíamos.
Clica na imaxe para ver as fotos desta actividade.
21/12/20
3º_Leo e...as caixas Rodari!
14/12/20
4º_Leo...e as caixas Rodari!
27/10/20
3º_Ollo Vermello
Presentamos a nosa creación co binomio fantástico de Rodari para a XI Semana das Lecturas Terroríficas, non contamos con público pero alegrounos moito poder voltar subir ao escenario da nosa Biblioteca.
Pasámolo xenial creando a historia en gran grupo e editándoa xuntos/as, faltounos o noso compañeiro Alexis por coincidir o horario da Biblioteca co día que el está no centro de E.E. por iso a nosa actuación vai adicada a el.
Esperamos compañeiros/as que a desfrutedes tanto coma nós e...
FELIZ SAMAÍN, A LER SEN FIN!
04/06/18
Fin de Proxecto: Un mar de contos
Non podemos estar máis orgullosos deste resultado. Velaí parte do traballo no que levamos volcados todo o curso; Grazas á profesora de música por esta fermosa melodía e polo labor de coordinación do tódalas titorías. Tamén aos profesores/titores porque nas aulas é onde todo sucede. A nós encántanos! Agora falta o video, a ver se somos capaces...
.jpg)
.jpg)
