Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións

16/06/23

3º EP_ Saída a Marcelle con 1º e 2º EP

 O pasado mércores, 14 de xuño, fomos pasar o día a Marcelle para celebrar o fin de curso.

Foi unha experiencia realmente enriquecedora, encantounos ver tantos animais diferentes e con tanto espazo para vivir cómodos. Os guías ensináronnos moitísimas cousas, que experiencia tan chula!!

Clica na foto para acceder á galería da excursión!



22/06/22

4ºEP_Fin de curso 2021/22

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica 
Hoxe levamos para as nosas casas a última proposta de retos para realizar no verán (portada e algúns dos retos nas imaxes); así como o agasallo final da nosa titora, en imaxes. Imaxes dun curso que superamos con matrícula honorífica.

Aula 4ºEP-Fin curso 2021-22
Aula 4ºEP-Fin curso 2021-22

Despedímonos do 2º ciclo co último mural do curso, Gramatilandia: un mundo de palabras!, co cal desenvolvemos o ámbito lingüístico, un mundo de emocións e de cohesión grupal: NÓS.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Engadir que estes últimos días lectivos gozamos de dúas xornadas nas que volvemos convivir xunt@s. Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas no blog da Biblioteca:

Agradecemos a colaboración das familias ao longo do curso, á ANPA a merenda coa que nos agasallou nesta última xornada e a A.C. Malante de Malpica por amenizarnos a mesma. A todo o profesorado, grazas por guiar a nosa travesía escolar, coidándonos.

Feliz verán, en familia, a tod@s!

Voltamos en setembro para iniciar o último ciclo de Primaria, seguiremos contando no blog do 3º ciclo: 

O 3º milladoiro malpicán

22/06/21

3º_Fin de curso 2020/21


Hoxe finalizamos un curso excepcional no noso colexio, ningún lugar mellor para aprender e soñar xunt@s.

Como actividade final elaboramos o noso libro de produción propia con propostas de actividades para o verán: receita de verán, risa saudable, escribo, ilustro, o meu día favorito, a miña familia, amigos/as, un lugar especial e libros do verán son as páxinas que o conforman.

Ao remate do merecido descanso estival esperamos voltar co noso libro cheo de palabras e ilustracións que resuman o feliz verán que desfrutamos lendo, xogando, compartindo...

Despedimos un curso de moitas emocións, agradecendo á ANPA a merenda fin de curso que nos agasallou, a nosa comunidade polas actividades que nos brindou, as nosas familias e ao noso profesorado polo seu acompañamento, dedicación e coidado diario con todos/as nós.

Feliz e saudable verán a tod@s, voltamos en setembro!

19/06/19

Xogos populares 1º e 2º ciclo E.P.

Hoxe, 1º e 2º ciclo de E.P.,  realizamos xogos populares no patio cuberto.
Unha nova xornada de aprendizaxes e diversión, con agasallos finais: unha chapa e unha buxaina.
O curso que vén máis!