Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medo. Amosar todas as publicacións

31/10/23

4º EP_ Un Samaín... DE MEDO e calma!

Ola BALEATOS!

Esta semana estivemos realizando diferentes actividades relacionadas co Samaín.

Estivemos traballando os nosos medos e formas para calmar esa angustia que producen. Premede na imaxe e observade os medos e situación de calma da rapazada!


Nas Horas de Ler destes últimos días fomos á biblioteca para celebrar a XIV Semana de Lecturas Terroríficas. Participamos realizando a adaptación do capítulo 25 do libro "As crebas da memoria", de Olga Rodríguez. A nosa adaptación quedaría así:

ALBERTO E AS LUCES DA COMPAÑA

Adaptación do capítulo 25 do libro “As crebas da memoria”, de Olga Rodríguez

Recordades a Alberto? É o bocadillo parlante que inventamos o curso pasado por estas datas e que usou todas as súas dotes para salvar á súa familia. Pois hoxe vai estar nesta historia.

Cando o mundo era doutra maneira, a xente de Malpica xuntábase arredor da lareira ao atardecer. Nestas reunións, os veciños contaban sucesos, desgrazas, inquedanzas e historias. Alberto reunía á xente na súa casa sempre que podía porque lle encantaba contar historias de medo.

Unha noite, despois de rematar o seu conto, foi camiñando á casa dos seus avós para durmir alí. Polo camiño ía cantando: “Pola noite, polo monte, vou á casa dos meus avós”. Sentía moita alegría pero, de repente…

Viu unha luz descoñecida! Estaba no medio do campo e era tan grande, intensa e fría que comezou a tremer de medo. Antes de botar a correr, viu unha sombra estraña ao seu carón. Era a Santa Compaña! Tiña tanto medo que tardou un minuto en chegar á casa dos avós.

Cando chegou, a súa avoa preguntoulle: “Por que chegas tan pronto?”.

- Veu a Santa Compaña! Unha catástrofe vai pasar! – dixo Alberto, agarrado aos brazos do seu avó.

Para tranquilizalo, os avós déronlle un Colacao quente e moitos bicos. Ao día seguinte, unha chamada espertou a Alberto. O seu bisavó morrera sen saber porque.

Despois do enterro, Alberto fixouse nun fouciño que estaba ao lado da tumba. Nel reflexouse unha sombra: a da Santa Compaña. Cheo de furia pola morte do seu bisavó, Alberto deuse a volta e lanzoulle queixo fundido por todo o corpo. Foi a única vez que a Santa Compaña fuxiu e tivo medo.


Clica aquí para consultar a publicación do blogue da biblioteca do centro.

Tamén creamos a nosa caixa sensorial e acudimos ao resto de aulas do cole para meter as mans nas caixas sensoriais de Samaín para pringarnos e pasar un rato boísimo, compartindo experiencias con outros grupos do cole! Clica aquí para ver as imaxes!

Ata a próxima!


05/11/11

The Skeleton Dance


E os de 4º dirixidos por Pilar, a súa profe, coreografiaron este tema : Esqueletors (seguro que o estou a escribir mal!)
Víase que o traballaran moito, moito porque lles saeu xenial!
Vale. A profe Pilar explícame como se escribe : The Skeleton Dance ¡Canto sabe esta profe!
Deixovos un enlace a unha animación do tema para que comprobedes o ben que o fixéchedes.

3º: Triller


Velaí o excelente traballo dos nenos e nenas de 3º e de Mari, a súa profe que puxeron a coreografía deste famosísimo tema de Michel Jackson.
Antes de comezar estaban algo nerviosos porque a compañeira que facía de Michel... tivera que ir ó médico! Pero chegou a tempo.
Ó rematar REPARTIRON CARAMELOS PARA TODOS!!!