27/02/18

Día de Rosalía

Coma todos os anos, quixemos conmemorar  o Día de Rosalía de Castro.  Nesta ocasión, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria rendímoslle homenaxe recitando algunhas das súas poesías e construindo un mural colectivo con fermosos augamares deseñados polo alumnado.

13/02/18

Entroido de LURAS


Vimos de celebrar fai uns días o entroido no colexio cuxa temática este ano foi O MAR.  O disfraz escollido na aula de 3º de primaria foi o de LURA inspirado nun poema que aparece no libro Acuario de María Canosa. Foron días de traballo intenso e de moitos nervios por rematar a tempo o disfraz e poder lucilo no desfile que tiñamos organizado.
Amosamos algunhas imaxes do proceso e do resultado.












Aprender a dividir

Nestes próximos días na área de Matemática imos comezar a aprender a dividir. Con este xogo de La Pandilla Rejilla podedes pór en práctica o que imos traballar na aula.




02/02/18

Un mar, dúas orillas. 3º Primaria


Unha das actividades á que nos convidaron participar dende a Biblioteca do noso cole polo Dia Internacional da Paz e a non Violencia, foi a de UN MAR, DÚAS ORILLAS. Consistía en intentar contactar con nenos e nenas doutras partes do mundo tendo o Atlántico como nexo común.
Puxémonos en contacto co Colexio Español de Rabat (Marrocos) e a profe de 3º de Primaria respondeunos que estaría encantada de coñecernos e compartir moitas experiencias con nós.
Así que redactamos entre todas e todos un email que enviamos, xunto con algunha foto da nosa localidade e aos poucos días obtivemos resposta. Que ilusión nos fixo!!
Prometemos que seguiríamos escribíndonos.