23/04/21

3º_Día do Libro 2021-Lab. de Imaxe

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Imaxe que desenvolvemos ao longo do mes de abril para celebrar o Día do Libro 2021.

Despois de repasar a Guía de Usuari@s da nosa Biblioteca para realizar os empréstitos á aula e á domicilio preparamos e gravamos os booktubers que publicamos no blog Leohle.

O traballo por equipos permitiunos elaborar catro carteis que se corresponden con catro títulos diferentes e reflicten a imaxe da creación realizada no LeoLab e a edición do código QR que enlaza ao booktuber do libro.

No día de hoxe, venres 23 de abril, fomentamos lectura por Malpica coa pegada dun cartel, elexido por maioría, e os demais carteis creados forman xa parte da nosa exposición de aula.

Un laboratorio lector e creativo co que desfrutamos construíndo experiencias, fomentando lectura na nosa comunidade!

22/04/21

3º_Recuncho robótico


Estreamos a nosa caixa dobre R, Recuncho Robótico, para repasar ortografía/vocabulario co escornabot na plantilla do abecedario e experimentamos co xogo magnético Super Magnet Lab.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos, que iremos actualizando segundo vaiamos usando.

Encantad@s de ter o noso recuncho dobre R!

21/04/21

3º_As Meninas 3D

Iniciamos o 3º trimestre arredor da creatividade, mais está presente todo o curso como podedes ver nas marabillosas obras que se remataron a finais do 2º trimestre en Educación Artística co mestre Germán: As Meninas en 3D das/os nenas/os de 3º de Primaria.

Parabéns ao traballo ben feito e creativo!

15/04/21

3º_Iniciando 3º trimestre. Creatividade



Iniciamos 3º trimestre e dentro do PDI Visión 3C atendemos á Creatividade.

Visualizamos o capítulo titulado Creatividade da serie Brainchild que oferta a plataforma Netflix e da cal xa vimos algún máis ao longo do curso coma: las emociones ou los superheroes.

Puxemos en práctica unha das tantas probas experimentais que ofrece cada capítulo, creando as nosas propias producións a partir dunha liña dada e...imaxinación ao poder!

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Seguimos...emocionándonos creando, aprendendo!