28/05/21

3º_A Xanela do Maxín: A viaxe de Saira

As aulas de 2º e 3º de Primaria desfrutaron, no día de hoxe, coa representación en streaming de A viaxe de Saira de A Xanela do Maxín.

Agradecer a Celtia Figueiras a súa atención contactando con nós, facilitando o encontro en liña e protagonizando o mesmo fantasticamente.

Seguimos creando...experiencias culturais!

25/05/21

Bautismo de Surf - 4º E.P.

O pasado venres o alumnado de 4º E.P. realizaou o bautismo de surf na praia de Malpica, dentro do programa Aprende a través do Surfing, da man dos profesionais de One Surf Academy. Non acompañou o tempo pero foi unha xornada moi gratificante, podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Bautismo de Surf.

20/05/21

3º_Surf en Area Maior, Malpica

Chegou o gran día!

Completamos o programa Aprende a través do Surfing, da man dos profesionais de One Surf Academy, facendo prácticas na praia Area Maior de Malpica. Un privilexio de paisaxe de costa que hoxe valoramos máis ca nunca: reciclando, redescubrindo o noso, sendo grupo a través do compañeirismo e a solidaridade a través do surf.

Descubrimos que o surf é moito máis ca un deporte, é unha visión máis ampla da vida, é valorar o que nos rodea, coidando do medio e coidándonos mutuamente entre as ondas do mar ou pisando a area, as pedras.

Agradecemos a Toni e ao seu equipo a profesionalidade e humanidade, que no día de hoxe nos brindou unha xornada de aprendizaxe emocionante e moi divertida, desfrutamos moitísimo de todo o vivido.

Picando na imaxe accederedes o álbum de fotos da xornada.

Seguimos creando...experiencias de vida! 

17/05/21

3º_Mes das Letras e Lab. de Son

Presentamos o vídeo-resumo do proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son no que conmemoramos as Letras Galegas 2021 adicadas a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030.

Un laboratorio emocionante e moi productivo grazas ao traballo en gran grupo, por equipos no que integramos, ao longo do noso Mes das Letras, os ámbitos lingüístico e científico a través de diversas tarefas, así: 

  • Achegámonos á autora homenaxeada a través de diferentes exemplares da nosa Biblioteca, portofolio individual, recursos en liña e recursos audiovisuais.
  • Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente. Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
  • Ideamos a nosa produción propia escrita Construíndo un mundo mellor! con versos de Xela Arias e versos da nosa creación en relación con algúns dos ODS da Axenda 2030 que tratamos ao longo do curso.
  • Confeccionamos a manualidade Día da Familia 2021, destacando a nosa produción propia e versos de Xela Arias.
  • Reciclamos coas caixas Xunt@s 3.21 construirtiX contando así con materiais de refugallo para as nosas creacións/maquetas do Laboratorio de Ideas, último laboratorio de aprendizaxe do curso, as cales formarán parte da exposición final do PDI Visión 3C.
  • Elaboramos, MateCreando, a última exposición de aula Letras Galegas 2021. Lab. de Son e Lab. de Ideas.
  • Gravamos o programa Festexamos: o mundo escríbese con X , que podedes escoitar a continuación.

Feliz Día das Letras Galegas e...

a seguir construíndo un mundo mellor!

15/05/21

3º_Día da Familia 2021

Presentamos a nosa manualidade creada no desenvolvemento do Laboratorio de Son e Letras Galegas 2021, na cal unimos versos de Xela Arias coa nosa produción propia escrita e unhas frases moi inspiradoras.

Feliz Día da Familia, familias diversas e únicas!

Na diversidade radica a nosa gran riqueza, seguimos construíndo.

14/05/21

3º_MateCreando

 

Hoxe rematamos a nosa última exposición de aula do curso 2020/21 a través da creación das plantas e dos animais que aparecen no conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia de Xela Arias.

Reforzamos conceptos matemáticos: liñas, ángulos, figuras planas..., estivemos MateCreando. Cada un/unha de nós creou unha figura co tangram, para o cal botamos man do libro, dispoñible na nosa Biblioteca, Tangram. Gato de Maranke Rinck; para finalizar pegando as etiquetas con vocabulario matemático.

Unha experiencia constuctiva máis, colaborando xunt@s!

13/05/21

3º_Plantando...IDEAS NATURAIS!


Neste Mes das Letras, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, plantamos no Laboratorio de Ciencias aplicando a reciclaxe e recursos naturais: ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaro, alpiste, coma sementes.

Só queda coidar con moito mimo, auga, luz e darlle vida ao testo para que da cabeza-ovo medren ideas moi, moi naturais.

E vaia se medran!

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos.

03/05/21

Creatividade con Pablo Otero


PABLO OTERO - Kizoa Movie Maker

Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu aos centros Plan LIA2 unha xornada de formación para o alumnado dentro da programa Biblioteca Creativa.

Os obradoiros ofertados eran todos moi interesantes, pero neste caso decantámonos por Pablo Otero, un gran artista e ilustrador, que nos axudou a sacarlle máis partido á parte creativa e imaxinativa do noso LeoLab; xa que dentro do PDI Visión 3C, neste trimestre traballamos a construción  a partir das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

                             

Nesta formación participaron os cursos de 2º e 3º de Educación Primaria, que gozaron cun obradoiro sobre letras, Alfabetos, e o curso 4º de Educación Primaria que realizaron o obradoiro Como me ves? Unha experiencia sobre retratos, autorretratos e outros animais fantásticos.

Nesta xornada formativa, tras escoitar e ver as mostras que trouxo Pablo, e os consellos para sacar o máximo rendemento a toda a nosa imaxinación e fantasía, o alumnado púxose mans á obra e tiveron que crear letras do alfabeto ou realizar un retrato dun compañeiro/a, utilizando os materiais, recursos e ferramentas dispoñíbles no LeoLab. Foi unha xornada na que, a partir da reciclaxe e reutilización de materiais, o alumnado tivo que pensar, organizar, planificar e desenvolver a súa imaxinación. PASÁRONNO XENIAL!!!

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Moitísimas grazas a Pablo, foi un gran pracer e grazas á Asesoría por concedernos esta oportunidade!