Amosando publicacións coa etiqueta construíndo un mundo mellor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta construíndo un mundo mellor. Amosar todas as publicacións

17/05/21

3º_Mes das Letras e Lab. de Son

Presentamos o vídeo-resumo do proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son no que conmemoramos as Letras Galegas 2021 adicadas a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030.

Un laboratorio emocionante e moi productivo grazas ao traballo en gran grupo, por equipos no que integramos, ao longo do noso Mes das Letras, os ámbitos lingüístico e científico a través de diversas tarefas, así: 

  • Achegámonos á autora homenaxeada a través de diferentes exemplares da nosa Biblioteca, portofolio individual, recursos en liña e recursos audiovisuais.
  • Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente. Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
  • Ideamos a nosa produción propia escrita Construíndo un mundo mellor! con versos de Xela Arias e versos da nosa creación en relación con algúns dos ODS da Axenda 2030 que tratamos ao longo do curso.
  • Confeccionamos a manualidade Día da Familia 2021, destacando a nosa produción propia e versos de Xela Arias.
  • Reciclamos coas caixas Xunt@s 3.21 construirtiX contando así con materiais de refugallo para as nosas creacións/maquetas do Laboratorio de Ideas, último laboratorio de aprendizaxe do curso, as cales formarán parte da exposición final do PDI Visión 3C.
  • Elaboramos, MateCreando, a última exposición de aula Letras Galegas 2021. Lab. de Son e Lab. de Ideas.
  • Gravamos o programa Festexamos: o mundo escríbese con X , que podedes escoitar a continuación.

Feliz Día das Letras Galegas e...

a seguir construíndo un mundo mellor!

23/04/21

3º_Día do Libro 2021-Lab. de Imaxe

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Imaxe que desenvolvemos ao longo do mes de abril para celebrar o Día do Libro 2021.

Despois de repasar a Guía de Usuari@s da nosa Biblioteca para realizar os empréstitos á aula e á domicilio preparamos e gravamos os booktubers que publicamos no blog Leohle.

O traballo por equipos permitiunos elaborar catro carteis que se corresponden con catro títulos diferentes e reflicten a imaxe da creación realizada no LeoLab e a edición do código QR que enlaza ao booktuber do libro.

No día de hoxe, venres 23 de abril, fomentamos lectura por Malpica coa pegada dun cartel, elexido por maioría, e os demais carteis creados forman xa parte da nosa exposición de aula.

Un laboratorio lector e creativo co que desfrutamos construíndo experiencias, fomentando lectura na nosa comunidade!