Amosando publicacións coa etiqueta axenda 2030. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axenda 2030. Amosar todas as publicacións

08/06/21

3º_Día Mundial dos Océanos: Exposición de Fotografía Subacuática

Hoxe visitamos o Centro Cívico, conmemorando o Día Mundial dos Océanos, coa visita guiada á Exposición de Fotografía Subacuática ofertada polo Concello.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita, a cal completaremos o vindeiro venres 11 visualizando un documental medioambiental sobre o mundo mariño.

Aproveitamos o bo tempo, mentras esperabamos a nosa quenda para realizar a visita, desfrutando de xogos populares no noso patio. Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Un día de xogos compartidos e sensibilización para valorar e coidar a vida submarina.

05/06/21

3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!

Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.

Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.

O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!

04/06/21

3º_Lapbook de Ciencias 3º trimestre

 

Rematamos o último lapbook do curso integrando as Ciencias co PDI Visión 3C, coa Axenda 2030 mediante os diferentes laboratorios de aprendizaxe.

Un lapbook co que traballamos por equipos desenvolvendo, entre outras aprendizaxes, a alfabetización en información; creando así as nosas propias lapelas.

A última actividade que realizamos arredor do tratamento do seu contido foi redactar entre tod@s unha instancia (expoñemos-solicitamos) dirixida ao Sr. Alcalde de Malpica cos puntos que consideramos deben ser cumpridos para mellorar a vida da poboación de Malpica e respectar o medio: Axenda 2022 do Concello.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos.

O vindeiro curso seguiremos construíndo!

17/05/21

3º_Mes das Letras e Lab. de Son

Presentamos o vídeo-resumo do proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son no que conmemoramos as Letras Galegas 2021 adicadas a Xela Arias en relación cos ODS da Axenda 2030.

Un laboratorio emocionante e moi productivo grazas ao traballo en gran grupo, por equipos no que integramos, ao longo do noso Mes das Letras, os ámbitos lingüístico e científico a través de diversas tarefas, así: 

  • Achegámonos á autora homenaxeada a través de diferentes exemplares da nosa Biblioteca, portofolio individual, recursos en liña e recursos audiovisuais.
  • Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente. Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
  • Ideamos a nosa produción propia escrita Construíndo un mundo mellor! con versos de Xela Arias e versos da nosa creación en relación con algúns dos ODS da Axenda 2030 que tratamos ao longo do curso.
  • Confeccionamos a manualidade Día da Familia 2021, destacando a nosa produción propia e versos de Xela Arias.
  • Reciclamos coas caixas Xunt@s 3.21 construirtiX contando así con materiais de refugallo para as nosas creacións/maquetas do Laboratorio de Ideas, último laboratorio de aprendizaxe do curso, as cales formarán parte da exposición final do PDI Visión 3C.
  • Elaboramos, MateCreando, a última exposición de aula Letras Galegas 2021. Lab. de Son e Lab. de Ideas.
  • Gravamos o programa Festexamos: o mundo escríbese con X , que podedes escoitar a continuación.

Feliz Día das Letras Galegas e...

a seguir construíndo un mundo mellor!

14/05/21

3º_MateCreando

 

Hoxe rematamos a nosa última exposición de aula do curso 2020/21 a través da creación das plantas e dos animais que aparecen no conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia de Xela Arias.

Reforzamos conceptos matemáticos: liñas, ángulos, figuras planas..., estivemos MateCreando. Cada un/unha de nós creou unha figura co tangram, para o cal botamos man do libro, dispoñible na nosa Biblioteca, Tangram. Gato de Maranke Rinck; para finalizar pegando as etiquetas con vocabulario matemático.

Unha experiencia constuctiva máis, colaborando xunt@s!

20/11/20

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.

Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE. 
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR!