Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE.
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
Os/as nenos/as de 3º e 4º de Primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
Os xoves baixamos á biblioteca a realizar os empréstitos dos libros, un deles é o que lemos e co que realizamos esta actividade na HORA de LER.
Tamén collemos outros que levamos para ler na casa, á seguinte semana entre o luns e o martes ímolos traendo e colocámolos na caixa DE LER da clase en coarentena para poder baixalos a biblio o xoves.
Pica a imaxe para acceder á galería.