18/02/21

3º_Horas ao prato: o reloxo


Presentamos ás horas ao prato: os reloxos, que creamos con pratos biodegradables e algúns materiais máis.

Picando na primeira imaxe accederedes as imaxes do proceso de elaboración.

12/02/21

3º_Entroido 2021: SH 3ºEP

Presentamos o vídeo-resumo do noso lema no presente curso 2020/21: SH 3ºEP.

Un Entroido "diferente", mais non menos divertido; pois estivemos toda a semana moi atentos/as aos mandadiños do Farruco, creando os nosos antefaces de SH e practicando a coreografía final do noso baile superheroico, supercreativo.

No mes de xaneiro comezabamos co Lab. Documental e o libro "Lendas do recreo. A media hora dos heroes", a través do cal reforzamos valores arredor da convivencia escolar e creamos as nosas propias identidades heroicas reflectidas na táboa: Lendas do recreo. SH 3º.

Feliz e saudable Entroido 2021!

3º_MillaInforma: Entroido 2021

A aula de 3º presenta MillaInforma: Entroido 2021, no cal se presentan como os/as auténticos/as SuperHeroes e SuperHeroínas que son.

A través da técnica chroma key no laboratorio de imaxe producimos este informativo para valorar que tod@s somos especiais, temos...superpoderes!

Esperemos que vos guste, nós pasámolo xenial!

4ª Entroido 2020/21

 




O venres pasado, chegamos ao cole e o Farruco estábanos a esperar no corredor da nosa aula....vaia sorpresa!!!!   e algunha que outra comparación!!!!


O Farruco sinalábanos o primeiro mandadiño para o luns. 

Ao longo dos restantes días foinos indicando o complemento que debiamos levar para ir completando o noso disfrace.

Rematada a semana, apareceron unha grande diversidade de disfraces, con moita imaxinación e voltando a ensinarnos os grandes HEROES e HEROINAS que habitan nas nosas aulas ante un atípico Entroido pero non por iso menos divertido.

A semana rematámola cantando e bailando con PACO NOGUEIRAS a canción de "SUPERHEROE, SUPERHEROÍNA", como non podía ser doutro xeito.

11/02/21

3º_Entroido 2021: mandadiños e antefaces SH


Ao longo da semana fomos coñecendo os mandadiños do Farruco para ir completando o noso disfraz.

Hoxe, rematamos os nosos antefaces de SH; así que o venres o disfraz estará máis que completo, só nos quedará bailar e cantar ao ritmo de Paco Nogueiras e algunha sorpresa máis.

05/02/21

3º_Entroido 2021: o Farruco


Esta semana o Farruco sorprendeunos cun cartel informativo Entroido 2021:SH, que nos mantivo á espera do día de hoxe no que fomos ver...

Mandadiño 1: algo sinxelo tes que levar posto na cabeza para comezar.

A vindeira semana comezaremos un Entroido "diferente", pero non menos divertido, no que cada día coñeceremos o Mandadiño do Farruco para vir á escola con obxectos diversos.

Cada obxecto será acumulativo e quedará na aula ata o venres 12 no que os disfraces de SH (Superheroes/Superheroínas) estarán completos e bailaremos coa música de Paco Nogueiras e o seu novo traballo Extra!, dispoñible na nosa Biblioteca.
Picando na imaxe accederedes ao vídeo da canción "Superheroe, superheroína"

Na nosa aula, aproveitando a lectura que compartimos pola Semana da Paz "Lendas do recreo. A media hora dos heroes" confeccionamos unha táboa de SH 3º do Milladoiro.
Ao longo da vindeira semana elaboraremos os antefaces de SH 3º, esperamos sorprendervos!

03/02/21

4º_Lab. Documental: lectura compartida

Presentamos o produto final do Laboratorio Documental para compartir con todos os compañeiros do cole nesta Semana da Paz.

Os valores que tratamos a través desta lectura compartida foron: tolerancia e respecto mutuo.

O exemplar que traballamos deixámolo na exposición "Leo le...PAZ!" xunto co marcapáxinas que contén os valores tratados e o código QR que enlaza a este vídeo.

Esperamos que vos guste!