21/11/09

Cadrados máxicos

Sabedes o que son os cadrados máxicos? Son moi divertidos e unha forma amena de xogar cas Matemáticas.


- Se queres practicar e aprender cos cadrados máxicos preme aquí.
- Cadrados máxicos con Jclic
- Nesta páxina podedes descargar un xerador de cadrados máxicos.
- Máis propostas e actividades interactivas

Día internacional dos dereitos dos nenos

O día 20 de Novembro de 1959 as Nacións Unidas proclamaron a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO MENIÑO E DA MENIÑA.

O mesmo día, 30 anos despois, celebrouse a Convención sobre os dereitos dos nenos.

Para conmemorar tal día, nesta data, celébrase en todo o mundo O Dia Internacional dos dereitos do neno ou Día Mundial da Infancia.

Onte, os falcatrueiros de 3ºA coñecemos un pouquiño máis os nosos dereitos, dereitos que tantos e tantos nenos non están a disfrutar.

Neste mural intentamos plasmar en imaxes o froito da nosas reflexións.



O Luns continuaremos reflexionando sobre a necesidade de loitar porque todos os nenos e nenas deste mundo poidan vivir nunhas condicións dignas, en paz e liberdade.
Para os que vos interese traballar estos contidos
aquí
tedes varios materiais. interesantes.

Cidade de convivencia e igualdade




Con motivo do "Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", o 21 de novembro, a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña organiza os obradoiros "Cidade de convivencia: deseña e constrúe a túa cidade", dirixidos a nenos e nenas con idades entre os 5 e 12 anos.

Anímovos a todos a acercárvos cos vosos rapaces.

17/11/09

Xogos de lingua

Pinchando aquí atoparemos varios xogos para repasar moitos dos contidos de lingua que estamos a dar este ano.

12/11/09

O mural da comunicacion.

Ola son Uxia unha nena do blog falcatrueiros a de 3ºA.

Nos fixemos un mural da comunicacion.

Verbal oral e escrita.Tamén da non verbal.

Tedes que velo.

Un saudo.


11/11/09

Concurso de debuxos sobre os piollos

Lembramos ás nosas familias, amizades e a todo aquel que queira colaborar que os terceiros estamos a participar nun concurso de debuxo sobre a prevención dos piollos chamado "PIOJOS NI EN PINTURA". Debido a problemas ca páxina faltan algún dos nosos debuxos por colgar. Estade atentos que nos dixeron que enseguida o arranxarían. Podedes votar os nosos debuxos unha vez ao día pinchando aquí. Sorte a todos.

05/11/09


Ola chamome Xian, son moi baixo, teño 8 anos. Gustame o baloncesto e debuxar e teño unha vida virtual en HABBO e son de terceiro b.

Ola¡ son Xela teño sete anos,vivo en Malpica. Gustame moito xogar cos meus amigos ,

a miña comida favorita e o churrasco. E tamen me guta moito andar en bicicleta,

chao.








Ola!Chamome Ergin, e teño 8 anos, vivo en Malpica e gustamme moito as motos de trial e un pouco o baloncesto. A miña comida preferida son as espinacas. Ah! E tamen gustame a natacion e xogar aos ordenadores.