21/11/09

Día internacional dos dereitos dos nenos

O día 20 de Novembro de 1959 as Nacións Unidas proclamaron a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO MENIÑO E DA MENIÑA.

O mesmo día, 30 anos despois, celebrouse a Convención sobre os dereitos dos nenos.

Para conmemorar tal día, nesta data, celébrase en todo o mundo O Dia Internacional dos dereitos do neno ou Día Mundial da Infancia.

Onte, os falcatrueiros de 3ºA coñecemos un pouquiño máis os nosos dereitos, dereitos que tantos e tantos nenos non están a disfrutar.

Neste mural intentamos plasmar en imaxes o froito da nosas reflexións.



O Luns continuaremos reflexionando sobre a necesidade de loitar porque todos os nenos e nenas deste mundo poidan vivir nunhas condicións dignas, en paz e liberdade.
Para os que vos interese traballar estos contidos
aquí
tedes varios materiais. interesantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario