19/06/19

Xogos populares 1º e 2º ciclo E.P.

Hoxe, 1º e 2º ciclo de E.P.,  realizamos xogos populares no patio cuberto.
Unha nova xornada de aprendizaxes e diversión, con agasallos finais: unha chapa e unha buxaina.
O curso que vén máis!







17/06/19

Excursión de Fin de Curso


O venres 14 de xuño realizamos a excursión de fin de curso. Visitamos o Galipark en Padrón e o alumnado de 3º e 4º de primaria puido disfrutar dun bo número de actividades ao longo do día: Tirolina, Tiro con arco, Deslizador acuático, Laser Tag...

Velaquí un video resumo do que foi a xornada.


03/06/19

Arte coas crebas


As crebas recollidas nas praias da contorna nos primeiros meses de curso serviron para que os escolares deixasen voar a imaxinación e contruiran estas auténticas obras de arte.  
Velaquí  as pezas realizadas polo alumnado de 4º de primaria