15/05/26

3º_Festival das Letras: Marabillarte!

No día de onte, celebramos o Festival das Letras 2026 no cal presentamos as sete artes que acolle o PDI de centro, Marabillarte, e visionamos a peza audiovisual que creamos para o DichoLeo 2026.

Feliz Día das Letras Galegas, valorando e coidando da nosa lingua todos os días do ano.

14/05/26

4º EP_ Festival das letras: RECITAL

 O alumnado de 4º de primaria aproveitamos os poemas creados para o Galiletras para facer o noso recital na festa máis importante do cole: o Festival das Letras. 

Esperamos que vos guste!



07/05/26

4º EP_ Galiletras: POESÍA

Este curso escolar, o alumnado de 4º de primaria converteuse en poetas. Despois de moita práctica coas rimas, conseguimos crear, en equipo cooperativos, 3 poemas de produción propia que serán recitados no Festival das Letras do próximo 14 de maio.
Esperamos que vos gusten!!

Galiletras 4º EP 2026 de bibliotecamilladoiro

30/04/26

3º_GaliLetras: Pedro e o lobo

3º_GaliLetras 2025-26_Pedro e o lobo

Presentamos o noso GaliLetras, Pedro e o lobo: reescribimos un conto clásico, que realizamos co gallo das XVI Lecturas Terroríficas na biblio e que pasará a formar parte do libro de produción propia da biblioteca.

Ao tempo, realizamos a produción en formato Galicómic, tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

Premer para acceder á galería de fotos

Produción propia realizada en galego no Mes das Letras 2026: lectura e escritura na nosa lingua nai todos os días do ano.

3º_ Aniversarios lectores (2º e 3º trimestre)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuamos cos aniversarios lectores ao longo do 2º e 3º trimestre. Lecturas compartidas entre iguais coas nosas familias, un gran regalo!

Antes de que remate o curso, achegaremos as imaxes dos aniversarios que nos quedan por celebrar.

Ata entón... felices lecturas!

29/04/26

3º e 4º EP_ Lectura na rúa 2026

 Para conmemorar o Día do libro, a biblioteca do cole organiza a Semana do libro, onde cada ciclo baixa a  ler a unha zona da vila de Malpica. 

Por mor do cansanzo e organización das probas de Avaliación de Diagnóstico de 4º de primaria, o alumnado de 3º e 4º decidiu que, para preparar con tempo a merenda saudable, íamos ir o luns 27 de abril á Atalaia de Malpica.

Acudimos á cociña a preparar brochetas de froita con chocolate fundido. Xa tiñamos todo listo e preparado para marchar pero a choiva e o vento truncáronnos os plans, sendo imposible facer a saída prevista. 

Para que o alumnado puidese desfrutar dun tempo de lectura compartida, decidimos saír ao patio do cole, coa promesa de que, un día de bo tempo, baixaríamos á praia para quitarnos a espiniña de non poder ir a un lugar tan bonito e relaxante como a Atalaia e as súas vistas.

Clica na imaxe para acceder á galería.



26/03/26

3º e 4º_ Visita guiada aos murais de Carballo

 Ola baleatos!

Enmarcada dentro do noso PDI MarabillARTE, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria acudiron a unha visita guiada polos murais de Carballo. Maite foinos guiando polos distintos murais, explicando o proceso de creación e aspectos relevantes das obras.

Clica na imaxe para acceder á galería!



02/03/26

3º_Creando animais invertebrados


No 2º trimestre os animais e a materia son os centros de interese de Ciencias da Natureza. Grazas aos compañeiros/as de 5º de primaria creamos diversos animais invertebrados con plastilina.

Unha actividade do máis creativa e divertida!

23/02/26

3º_Día de Rosalía 2026

3º_Día de Rosalía 2026

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro copiando estrofas da súa escrita para espallar polo Camiño dos Faros. Agradecemos a María, a nai de Ángel, que como taxista se ofreceu a recoller os escritos para agasallar a aqueles camiñantes que poida trasladar ao longo do ano, regalando as palabras da nosa escritora universal a todos/as os/as que nos visiten.

Rosalíate, hoxe e todos os días do ano!

19/12/25

3º_Felices Festas!

A aula de 3º deséxavos...

Felices Festas!

Nós esperamos un 2026 con máis momentos de aprendizaxe e diversión compartidos, sempre coas nosas familias e profesorado como faros-guía.

Feliz 2026!