Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

20/12/21

4º_Nadal en familia!

Presentamos, en formato audiovisual, un resumo das visitas familiares en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

O mércores 15 visitounos a avoa da nosa compañeira Mónica Novo: Ermitas Arcay; que nos regalou a realidade do Nadal nos anos 1940-50 en Malpica e que tan ben atesoura na súa memoria.

O xoves 16 recibimos a visita da tía da nosa compañeira Mara Pérez: Elena Verdes, coa súa compañeira María Haz; que nos regalaron a tradición oral en Bergantiños.

O venres 17 pechamos as visitas coa nai de Lucas Cousillas: Ana Antelo; que nos regalou a pandeireta e as coplas acompañada das nosas compañeiras (Mónica, Mara Pérez, Noa e Natalia).

Tres xornadas de recollida de información, de aprendizaxes compartidas, de vivencias orais e musicais que xa gardamos na nosa mochila de vida: para saber de onde vimos e valorar o noso rico patrimonio, para non deixar que a nosa riqueza cultural esvaeza.

GRAZAS... avoa, tía e nai
por adicarnos o voso tempo, 
por compartir os vosos coñecementos 
e por regalarnos a vosa experiencia.

A seguir medrando xunt@s, coñecendo e valorando o noso.

Bo Nadal 2021, en familia, a tod@s!

21/03/12

Vista de Jacobo F. Serrano


Onte visitounos Jacobo F. Serrano e foi, coma decote, UN ÉXITO!!!!
A obra de Jacobo encanta aos rapaces e os talleres con el sempre son unha fonte de aprender e disfrutar.
Agradecémoslle o seu esforzo desde esta fiestra e...¡lendo os seus libros.
Aí vos quedan as imaxes que, na miña opinión falan por si soas.