14/09/20

3º_Emocionbot

 

Iniciamos o curso coa TI 0: Emocionbot, conecta coas emocións!

Despois da asemblea de emocións: confinamento, inicio de curso..., deseñamos o noso emocionbot no que gardar os nosos escritos emocionais que será o produto final que exporemos na aula ao resto de compañeiros/as.

Nunha das sesións baixamos ao patio para ser robots por parellas: programamos, executamos ordes...e puxemos en práctica a comunicación non verbal decatándonos do importante que son as expresións faciais para comunicarnos.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da sesión.

En vindeiras entradas presentarémosvos os nosos emocionbots.

Seguimos...emocionándonos aprendendo!

10/09/20

3º_Presentámonos

A aula de 3º, xa estamos de volta!

Iniciamos o curso 2020/21 presentándonos no patio a través da dinámica "Todos/as ao centro": escribimos o noso nome e debuxamos o emoticono de como nos sentimos na estrea deste novo curso escolar.

Damos a benvida aos nosos novos compañeiros: Ainoa Njoku, Alexis Ramos e Mara Rega.

Picando na imaxe accederedes á galería de imaxes da sesión, que este curso se almacenan na páxina web do colexio.

A por un curso cargado de emocións!

07/09/20

Voltamos ao cole!

O xoves 10 de setembro o alumnado de 3º E.P. voltará ao cole!

O venres 11 de setembro o alumnado de 4º E.P. voltará ao cole!

Dous días para un inicio do curso 2020/21 escalonado.

Temos ganas de voltar a vervos, de estar xuntos/as de novo na nosa escola para seguir divertíndonos aprendendo.

Só desexamos que poidamos navegar todo o curso, como bos baleatos, nun mar de emocións, descubrimentos, experiencias, vivencias...no noso cole, ningún sitio mellor para aprender, para soñar...

Bo comezo de curso, coidando dos demais e coidándonos.