Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
28/01/21
3º_Lab. Documental: lectura compartida
22/01/21
3º_Iniciando Lab. Documental
Este mes de xaneiro implementamos o Laboratorio Documental arredor da busca no catálogo en liña da nosa Biblioteca de exemplares relacionados con educación en valores, educación pola paz, convivencia, diversidade; enlazando así laboratorio de aprendizaxe e conmemoración do Día da Paz.
Reforzamos, pois, a Formación de Usuarios que iniciamos no 1º trimestre e eleximos o exemplar Lendas do recreo, para tratar aspectos coma: convivencia escolar no recreo, diversidade, empatía, compañeirismo, amizade, xogos e imaxinación.
Este libro forma parte do Plan Lector Anual da nosa aula, un cómic que estamos a resumir para contar e elaborando os personaxes para compartilo cos/as compañeiros/as do colexio como produto final do Laboratorio Documental "Leo le...contos valorados, lecturas compartidas".
Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos.
Seguimos aprendendo divertíndonos!
