Amosando publicacións coa etiqueta pdi marabillarte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pdi marabillarte. Amosar todas as publicacións

29/05/26

3º_Un aula... de artistas!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Creamos na aula de arte diversas obras pictóricas, seguindo o PDI de centro e dentro da área de Educación Plástica e Visual.

A aula de arte, un espazo creativo máis da Biblioteca-Leolab, facilita o desenvolvemento de diversas actividades artísticas e creativas coas que nos divertimos mentres aprendemos.

Somos un aula... de artistas!

15/05/26

3º_Festival das Letras: Marabillarte!

No día de onte, celebramos o Festival das Letras 2026 no cal presentamos as sete artes que acolle o PDI de centro, Marabillarte, e visionamos a peza audiovisual que creamos para o DichoLeo 2026.

Feliz Día das Letras Galegas, valorando e coidando da nosa lingua todos os días do ano.

30/04/26

3º_GaliLetras: Pedro e o lobo

3º_GaliLetras 2025-26_Pedro e o lobo

Presentamos o noso GaliLetras, Pedro e o lobo: reescribimos un conto clásico, que realizamos co gallo das XVI Lecturas Terroríficas na biblio e que pasará a formar parte do libro de produción propia da biblioteca.

Ao tempo, realizamos a produción en formato Galicómic, tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

Premer para acceder á galería de fotos

Produción propia realizada en galego no Mes das Letras 2026: lectura e escritura na nosa lingua nai todos os días do ano.

26/03/26

3º e 4º_ Visita guiada aos murais de Carballo

 Ola baleatos!

Enmarcada dentro do noso PDI MarabillARTE, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria acudiron a unha visita guiada polos murais de Carballo. Maite foinos guiando polos distintos murais, explicando o proceso de creación e aspectos relevantes das obras.

Clica na imaxe para acceder á galería!



23/02/26

3º_Día de Rosalía 2026

3º_Día de Rosalía 2026

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro copiando estrofas da súa escrita para espallar polo Camiño dos Faros. Agradecemos a María, a nai de Ángel, que como taxista se ofreceu a recoller os escritos para agasallar a aqueles camiñantes que poida trasladar ao longo do ano, regalando as palabras da nosa escritora universal a todos/as os/as que nos visiten.

Rosalíate, hoxe e todos os días do ano!

17/12/25

3º_Árbore de Nadal: marabillARTE e concienciARTE

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un ano máis creamos a nosa árbore de Nadal en relación co PDI que nos ocupa: Marabillarte.

Demos cor a pequenos obras nas que se reflicten diversos ecosistemas, pois ademais de marabillARTE queremos... concienciARTE!

Este Nadal e todos os días do ano... sexamos parte da solución, non da contaminación. Coida os ecosistemas!

05/12/25

3º_Radio Balea: Que me contas?

Presentamos o podcast que gravamos en Radio Balea, dentro da sección Que me contas?, para atesourar a nosa produción propia, Pedro e o lobo. Reescribimos un conto clásico, narrada coas nosas voces.

Esperamos que vos guste!

03/12/25

3ºEP_Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE

  

Presentamos a páxina da aula de 3º para o Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE, dentro da proposta de actividades de centro.

Unha páxina que recolle un dos nosos lemas de aula, "Somos UNIC@S", xunto coas palabras de cada plantilla-peixe facilitada pola titora de 4º de infantil.

Despois de ler "Nadarín" de Leo Lionni, pensamos nas nosas capacidades, nas nosas fortalezas para escribir dentro de cada peixe unha soa palabra que nos definira, tal e como podedes ver na seguinte imaxe. Os peixes xa forman parte do mural colectivo creado pola aula de 4º de infantil.

Hoxe, e todos os días do ano, sexamos unic@s, divers@s!

13/11/25

3º e 4º EP_ Visita ao Museo de Belas Artes

 Aproveitando que o noso PDI versa sobre as 7 artes e que o RetArte da biblio deste mes é a pintura, o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria acudiu a unha visita guiada ao Museo de Belas Artes. 

Pasamos un rato agradable aprendendo sobre Velázquez, os bodegóns ou Rubens. Recomendadísima! A entrada é de balde para todos e todas, non dubidedes en acudir!

Clica na imaxe para acceder á galería de fotos.



30/10/25

3º_Reescribimos un conto clásico: Pedro e o lobo

No día de onte, presentamos, en formato audiovisual, o noso produto final para as XVI Lecturas Terroríficas na biblio.

Reescribimos o conto clásico, Pedro e o lobo, partindo do mesmo título de Iván e Inacio Suárez en banda deseñada ou cómic de Demoeditorial e que forma parte do noso Plan Lector de aula.

Esperamos que vos guste, nós pasámolo de medo!

4º EP_ Cabaza creativa por Samaín!

 O alumnado de 4º EP fixo unha reinterpretación da famosa cabaza de Yayoi Kusama. Cortaron tiras de cartolina, as pintaron con puntos de diferentes cores e as pegaron para formar así a súa propia cabaza.

Podes acceder á galería pinchando na imaxe!



28/10/25

3º_Polo Samaín... CABAZA LITERARIA!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Conmemoramos o Samaín seguindo a proposta de actividades en relación ao PDI "Marabillarte", que iniciamos no presente curso: cabazas artísticas.

Creamos... unha cabaza literaria! Despois de darlle cor e pegar en forma de colaxe as follas de revistas e recortes do xornal, deseñamos pequenos libros cos títulos que máis nos gustan.

Feliz Samaín a tod@s!