21/12/12

Nadal 2012

Xa forman parte do noso album picasa as fotos do nadal 2012: a nosa decoración da árbore aludindo ao tema elexido este curso "Pintores" e os traballos tan fermosos dos nosos talleres de nadal.
Bo Nadal a tod@s e que o Apalpador e os Reis Magos veñan cargadiños de agasallos para tod@s!!!


Felicitación Nadal

Os falcatrueiros de 3ºA queremos desexarvos 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2013!!!




15/10/12

Xa estamos en 3º

Con todo o traballo de inicio de curso, aínda non tivemos tempo de presentarnos.
Somos os pícaros que xa estamos en 3º; así que neste 2º ciclo seremos os falcatrueiros de 3ºA.
Dar a benvida a dous novos compañeiros: Brais e Noa, que xa se adaptaron moi ben ao cole e ao noso grupo.
Por aquí nos veremos ao longo do curso, relatándovos as nosas andainas escolares.



22/05/12

Negro carbón

Que fermoso conto ese que escribíchedes! Negro carbón é unha traballadísima historia na que todo cadra. A min, parecíame que a escribira Andersen, ou os Grimm.... ata que soupen que a escribirades vós ¡Felidcidades! O enlace ás fotos para descargalas: AQUÍ

30/03/12

Ovos de Pascua





Aproxímase a Pascua. Darco e mais a súa nai contáronnos como é tradición no seu pais: Bulgaria.
O xoves de Pascua cocen os ovos con sal, aceite, vinagre e cebola para selar a cáscara. Logo sumérxenos na pintura cunha culler e déixanos secar. O Domingo de Pascua, chocan uns contra outros e o que rompre perde. Fixémolo na clase e é increible como algúns ovos son todos uns campeóns. Non rompen!!!!Acaban con todos!
Aquí tedes un gañador e un vencido.

Un dos ovos píntase de vermello e gárdase para a Pascua do vindeiro ano, momento no que se romperá. Se está en boas condicións traerá a bendición para esa familia.



Tamén fan ovos de decoración con ingredientes da cociña. Vacíase o ovo por un pequeno burato. Cóbrese a cáscara con cola e alí pegamos os distintos alimentos ou materiais.
















21/03/12

Vista de Jacobo F. Serrano


Onte visitounos Jacobo F. Serrano e foi, coma decote, UN ÉXITO!!!!
A obra de Jacobo encanta aos rapaces e os talleres con el sempre son unha fonte de aprender e disfrutar.
Agradecémoslle o seu esforzo desde esta fiestra e...¡lendo os seus libros.
Aí vos quedan as imaxes que, na miña opinión falan por si soas.

13/03/12

O segredo do amor

Despois de facer este traballo, os de 3º xa sabemos que o amor hai que sembralo, coidalo e regalo cada día. É tan fráxil que se tiramos demasiado forte, pode romper en anaquiños. O bo é que con dedicación, unión e paciencia volve a brotar. E ben alimentado crece, crece e crece...


Rosalía






Durante





ímoslle adicar unha semana á nosa querida Rosalía de Castro, a nosa poeta amiga ...



Os de 3º aprenderemos


unha canción de Lucía Pérez


basada na poesía "Adiós ríos, adios fontes"








Xoga cos principios dos contos clásicos



Con este traballo realizado polos alumnos de 3º poderedes xogar a ler distintos inicios de contos clásicos e intentar adiviñar de qué conto se trata. Que vos divertades.






Pincha na imaxe e a xogar....

09/03/12

Jacobo Fernández Serrano

ESTAMOS REALMENTE DE NORABOA




O vindeiro 20 de Marzo


os de 2º ciclo


asistiremos


na biblioteca


a un obradoiro


tal e como di el


"debuxantescritorcomiqueiropintor"

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Blogue




















05/03/12

A pasarela de choiva


Tras varios anos de intentalo sen exito,por fin os rapaces e rapazas do C.E.I.P Milladoiro de Malpica deixan de traer a roupa mollada a casa grazas a pasarela cuberta que puxeron para vir e marchar da escola sen mollarse.

10/02/12

todo o escrito

Gustanme moito o que escribichedes do sanmain,do magosto,da Navidad...
pero o do sanmain gustoume un pouquiño mais.

08/02/12

Poesías de Samaín

Estas son as poesías que os alumnos e alumnas de 3º fixeron no Samaín.
Noraboa aos seleccionados.

04/02/12

Día da Paz

Aquí tedes o enlace ao artigo do cole sobre o día da PAZ.
Non olvidedes que todos temos moitas cousas boas. Só temos que ser quen de ver esas cousas en nós mesmos e nos demais.


31/01/12

Taboas de multiplicar



Imos aprender as táboas de multiplicar cantando as cancións de Miliki.
Pincha en cancións e poderás escoitalas!
Pincha en letras e aprende a canción para cantala e bailala na clase. Aí tamén podes ver os videos das cancións.

27/01/12

Valeria Fraga



Ola, bichos!



Son Valeria Fraga. Veño de Ponferrada e Granada. Gústame a equitación. Corro moito e a miña cor preferida é o negro.



26/01/12

Panxoliña

Para celebrar o Nadal todos os alumnos/as do Milladoiro realizaron tres talleres. Os de 3º decoramos unha carola, decoramos unha mandala e mais montamos unha árbore de Nadal.
Aquí tedes as fotos:


Os alumnos e alumnas de 3º interpretaron a canción "Xa me tardes estes magos" de Mamacabra no festival de panxoliñas. O fixeron requeteben! Con moita alegría e ilusión...como ten que ser! Eu pasei todo o Nadal tarareándoa e os nenos voltaron das vacacións cantándoa! Parece que foi un éxito, non vos parece?

Untitled from Curuxa on Vimeo.

16/01/12

O ENTROIDO

Fixemola os alumnos de 3º A


Cando comeza o día
empezamos a cantar,
con moita alegría
botamos a bailar.