27/05/19

Festival das Letras Galegas

Velaquí o video da actuación do alumnado de 4º de primaria no festival que cada ano celebramos na nosa biblioteca escolar para conmemorar o día das Letras Galegas.
Nesta ocasión quixemos rendir homenaxe a Paco Souto, dando  a coñecer a súa poesía ao resto de escolares, recitando e poñendo en escena algúns dos seus poemas.

26/05/19

PAISAXE DE COSTA

Características da paisaxe de costa


Despois da andaina que nos levou dende Ponteceso ata a praia de Valarés, comezamos a traballar sobre as características da paisaxe de costa na aula.

A ría, as dunas, a praia, o illote, un cabo... 

Ó longo da andaina vimos de primeira man moitas das peculiaridades desta paisaxe, despois, no cole, analizamos e completamos información. 
Finalmente, levamos a cabo esta exposición, nela resumimos todo o que aprendemos na saída, á vez que profundizamos nas peculiaridades da paisaxe de costa. 




Na páxina do concello de Ponteceso podes atopar máis información sobre esta ruta, e tamén fotos sobre esta paisaxe tan bonita e característica. PINCHA AQUÍ

15/05/19

Saída escolar: De Ponteceso a Valarés

Despois de ter que aplazar esta excursión un par de veces por fin chegou o día no que o alumnado de 3º e 4º de primaria puido disfrutar da beleza que agocha o esteiro do río Anllóns ou as vistas que se poden observar dende o Monte Branco. A andaina partíu da praza do Recheo, en Ponteceso, da man de Javier, o guía turístico do concello.
Informounos sobre numerosos temas: a vida e obra do escritor Eduardo pondal, o río Anllóns, aves, sendeirismo… ata fixo xogos de animación ao comezo e ao final do roteiro, na praia de Valarés.

Grazas Javier! Pasámolo xenial!