Despois de ter que aplazar esta excursión un par de veces por fin chegou o día no que o alumnado de 3º e 4º de primaria puido disfrutar da beleza que agocha o esteiro do río Anllóns ou as vistas que se poden observar dende o Monte Branco.
A andaina partíu da praza do Recheo, en Ponteceso, da man de Javier, o guía turístico do concello.
Informounos sobre numerosos temas: a vida e obra do escritor Eduardo pondal, o río Anllóns, aves, sendeirismo… ata fixo xogos de animación ao comezo e ao final do roteiro, na praia de Valarés.
Grazas Javier! Pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario