26/05/19

PAISAXE DE COSTA

Características da paisaxe de costa


Despois da andaina que nos levou dende Ponteceso ata a praia de Valarés, comezamos a traballar sobre as características da paisaxe de costa na aula.

A ría, as dunas, a praia, o illote, un cabo... 

Ó longo da andaina vimos de primeira man moitas das peculiaridades desta paisaxe, despois, no cole, analizamos e completamos información. 
Finalmente, levamos a cabo esta exposición, nela resumimos todo o que aprendemos na saída, á vez que profundizamos nas peculiaridades da paisaxe de costa. 




Na páxina do concello de Ponteceso podes atopar máis información sobre esta ruta, e tamén fotos sobre esta paisaxe tan bonita e característica. PINCHA AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario