25/03/21

3º_Visita de Dna. Carmen Trigo

Hoxe desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita. 

Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.

Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.

 

Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.



3º_Lab. Ideas: cociñando con-Ciencia

Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.

Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!

24/03/21

4º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

  Boas a todos/as!!!

 Ao longo do mes de marzo, elaboramos un pequeno proxecto sobre o papel da muller na cociña desenvolvendo o Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

A aula foi testemuña de opinións marabillosas acerca de cuestións como:

Quen cociña habitualmente na casa? Por que se a maioría das mulleres son as que cociñan, porque os grandes CHEF son homes? 

    Grazas á profe Andrea, coñecemos a Lidia e a Fran. Dous grandes cociñeiros galegos que despois de formarse aquí emprenderon rumbo a outro país, Nova York,  para seguir coa súa gran paixón, a cociña.

A pesares de ter unha grande diferencia horaria, non tiveron ningún inconvinte en facer unha videochamada con nós. 

                                                                   

Os nenos/as preguntaronlle un montón de cousas e contáronmos entre outras cousas:

- que a Lidia sempre lle chamou a atención a cociña, encantáballe ver a súa nai cociñar, a Fran a súa gran afición era comer e de aí surxiu o gusto pola boa cociña.

-que botan de menos Galicia e o xamón.

- que se formaron, Lidia en Santiago e Fran na coruña, que traballaron en moitos restaurantes onde foron aprendendo un lote de trucos, incluso nun castelo cerca dos Alpes Suizos!!

- Lidia comentounos que nunca tivera problema en ningunha cociña por ser muller.

Tamén que alí a pizza é un prato moi coñecido, e que a gran diferencia entre os dous paises é que alí non usan as mesmas unidades de medida para as receitas....

E como non,  enviáronnos unha receita para facer madalenas ....e por suposto...a cociñar....

Para acceder a galería, picar na imaxe.



18/03/21

3º_Lapbooks de Ciencias 2º trimestre

Presentamos o vídeo-resumo dos lapbooks de Ciencias elaborados ao longo do 2º trimestre.

Os contidos dos lapbooks enriquecéronse coa implementación dos diferentes laboratorios de aprendizaxe mensuais ou con visitas como a  xornada de surfing, entre outros.

Seguimos transformando a información en coñecemento a través da experiencia, da educación!

13/03/21

3º_Lab. de Ideas: experimentamos

 
Presentamos o vídeo-resumo da primeira parte, experimentamos, do Laboratorio de Ideas que estamos a desenvolver ao longo deste mes de marzo arredor da cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe e a Muller.

Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:

  • O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
  • Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
A segunda parte do Lab. de Ideas está en proceso de desenvolvemento, agradecer a colaboración das nosas familias unha vez máis.

Seguimos!

12/03/21

3º_Despedímonos de Belén!


O martes 9 de marzo despedímonos de Belén, alumna do Practicum I de E. Primaria, que formou parte da nosa aula ao longo dun mes.

Belén integrouse tan ben no noso grupo que a tod@s nos entristeceu a súa marcha, mais voltará visitarnos cando os estudos llo permitan.

As imaxes falan por si mesmas, agasallos personalizados como mostras de cariño mutuo.

Belén, a día de hoxe estudando para ser unha gran docente, foi hai algúns anos alumna do noso colexio como podedes ver na seguinte imaxe: festival de fin de curso 2010/11.


Un gran agasallo que antigas alumnas como Andrea, realizou o Practicum no 1º trimestre, e Belén elixan seguir formándose no que foi, é e será sempre o seu colexio: o CEIP Milladoiro. 

05/03/21

3º_Xornada "Aprende a través del surfing"

Iniciamos novo mes, marzo, participando na xornada "Aprende a través del surfing" que desenvolven conxuntamente a Federación Española de Surfing e Surf and Clean.

As sesións formativas no pavillón da man de One Surf Academy foron moi divertidas e educativas, no tocante á valoración da saúde física, mental e espiritual; así coma respecto e conservación do medio e reforzo de valores coma o respecto, a empatía, a solidaridade, a colaboración entre iguais.

Nesta xornada coñeceron e manipularon distintos materiais propios do surf, moitos deles reciclados, e puxeron en práctica, entre outros, o equilibrio e o traballo en equipo a través de skates e táboas.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Unha vez preparad@s, se a situación actual o permite, realizarán prácticas na praia de forma segura para tod@s!

02/03/21

3º_Lab.de Son: cartas a Rosalía

Presentamos, en formato audiovisual, o proceso de desenvolvemento do Laboratorio de Son que implementamos ao longo do mes de febreiro arredor da nosa querida e ilustre escritora Rosalía de Castro.

Rosalía é emoción en estado puro e a través de actividades varias conformamos o noso portfolio propio, cheo de palabras, emocións, cor...e creamos dous produtos finais que presentamos a continuación: caderno dixital que recolle todas as nosas cartas a Rosalía e o podcast locutado en Radio Balea coa carta final do grupo-clase.

Chegará un novo día no que voltaremos recuperar as nosas vidas, voltaremos ser libres; ata entón non nos olvidemos de sorrir para espantar toda sombra, todo mal; tal e como Rosalía escribe no seu poema "Alborada" de Cantares Gallegos:

Vente aurora,

vente abrindo,

co teu rostro, 

que sorrindo 

a sombra espanta.