Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de ideas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio de ideas. Amosar todas as publicacións

10/06/22

4ºEP_Un trimestre... valorando, xogando!

Presentamos un vídeo-resumo dos valores e aprendizaxes aos que demos tratamento no último trimestre do curso: aprendendo a investigar, respectando o Medio, valorando as nosas raíces, xogando!

Dende a creación das 48 preguntas para o xogo derivado do PDI NÓS: E ti, de quen ves sendo?, ata a creación do noso propio xogo 3R con materiais de refugallo (caixas de cartón, tapóns de plástico e páxinas de libros deteriorados/expurgados) implementando o Laboratorio de Ideas.

Un trimestre no que valoramos e xogamos para seguir divertíndonos aprendendo.

05/06/21

3º_Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!

Presentamos o vídeo-resumo do Laboratorio de Ideas que complementa o Laboratorio de Son: o mundo escríbese...con X!

Atendendo ao noso PDI Visión 3C en relación coa Axenda 2030 e o Día do Medio Ambiente, que se celebra no día de hoxe, construímos por equipos 4 maquetas/construcións ecolóxicas e creativas.

Pechamos un curso de experiencias compartidas arredor, entre outros, dos laboratorios de aprendizaxe.

O vindeiro curso seguiremos divertíndonos aprendendo!

25/03/21

3º_Visita de Dna. Carmen Trigo

Hoxe desfrutamos da xenerosa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do Laboratorio de Cociña.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita. 

Non puidemos ter un peche máis fermoso e saboroso do Laboratorio de Ideas e deste 2º trimestre, pois elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos na nosa plantilla "Receitas queridas" e agasallounos cunha bolsiña de galletas para cada un de nós; así como nos deixou escritas da súa man dúas receitas e imaxes do gran repertorio culinario que atesoura.

Picando na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos das súas extraordinarias creacións.

 

Agradecer a Dna. Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, a súa relevante visita por canto representa para o noso colexio e pola súa gran amabilidade con tod@s. Esperamos que volte en máis ocasións para contarnos as historias que se cociñan en cada unha das súas receitas con corazón.



3º_Lab. Ideas: cociñando con-Ciencia

Presentamos o noso caderno de "Receitas queridas" e o vídeo-resumo da segunda parte do Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

Un laboratorio moi productivo, no tocante a: experimentación, investigación, concienciación arredor da igualdade de xénero e a cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe.

Parabéns a todo@s por un trimestre máis, superheroico!

24/03/21

4º_Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia

  Boas a todos/as!!!

 Ao longo do mes de marzo, elaboramos un pequeno proxecto sobre o papel da muller na cociña desenvolvendo o Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia.

A aula foi testemuña de opinións marabillosas acerca de cuestións como:

Quen cociña habitualmente na casa? Por que se a maioría das mulleres son as que cociñan, porque os grandes CHEF son homes? 

    Grazas á profe Andrea, coñecemos a Lidia e a Fran. Dous grandes cociñeiros galegos que despois de formarse aquí emprenderon rumbo a outro país, Nova York,  para seguir coa súa gran paixón, a cociña.

A pesares de ter unha grande diferencia horaria, non tiveron ningún inconvinte en facer unha videochamada con nós. 

                                                                   

Os nenos/as preguntaronlle un montón de cousas e contáronmos entre outras cousas:

- que a Lidia sempre lle chamou a atención a cociña, encantáballe ver a súa nai cociñar, a Fran a súa gran afición era comer e de aí surxiu o gusto pola boa cociña.

-que botan de menos Galicia e o xamón.

- que se formaron, Lidia en Santiago e Fran na coruña, que traballaron en moitos restaurantes onde foron aprendendo un lote de trucos, incluso nun castelo cerca dos Alpes Suizos!!

- Lidia comentounos que nunca tivera problema en ningunha cociña por ser muller.

Tamén que alí a pizza é un prato moi coñecido, e que a gran diferencia entre os dous paises é que alí non usan as mesmas unidades de medida para as receitas....

E como non,  enviáronnos unha receita para facer madalenas ....e por suposto...a cociñar....

Para acceder a galería, picar na imaxe.



13/03/21

3º_Lab. de Ideas: experimentamos

 
Presentamos o vídeo-resumo da primeira parte, experimentamos, do Laboratorio de Ideas que estamos a desenvolver ao longo deste mes de marzo arredor da cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe e a Muller.

Integramos o Lab. de Ideas na nosa programación tratando contidos matemáticos, lingüísticos e reforzando/ampliando contidos dos lapbooks de Ciencias:

  • O noso corpo aliméntase (Corpo e Alimentación de C.C. da Natureza)
  • Historia da paisaxe (Paisaxe e Historia de C.C. Sociais)
A segunda parte do Lab. de Ideas está en proceso de desenvolvemento, agradecer a colaboración das nosas familias unha vez máis.

Seguimos!

09/12/20

3º_Lab. Ideas: satélite artificial


Voltamos ao laboratorio de cociña para crear unha máquina que fixemos orbitar entre dentes e nos aportou enerxía.
Deste xeito integramos os satélites artificiais no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía"
Canto nos gustou!
Este nadal haberá máis dun laboratorio de cociña caseiro creando satélites artificiais para orbitar na mesa, seguro!