30/04/26

3º_GaliLetras: Pedro e o lobo

3º_GaliLetras 2025-26_Pedro e o lobo

Presentamos o noso GaliLetras, Pedro e o lobo: reescribimos un conto clásico, que realizamos co gallo das XVI Lecturas Terroríficas na biblio e que pasará a formar parte do libro de produción propia da biblioteca.

Ao tempo, realizamos a produción en formato Galicómic, tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

Premer para acceder á galería de fotos

Produción propia realizada en galego no Mes das Letras 2026: lectura e escritura na nosa lingua nai todos os días do ano.

3º_ Aniversarios lectores (2º e 3º trimestre)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuamos cos aniversarios lectores ao longo do 2º e 3º trimestre. Lecturas compartidas entre iguais coas nosas familias, un gran regalo!

Antes de que remate o curso, achegaremos as imaxes dos aniversarios que nos quedan por celebrar.

Ata entón... felices lecturas!

29/04/26

3º e 4º EP_ Lectura na rúa 2026

 Para conmemorar o Día do libro, a biblioteca do cole organiza a Semana do libro, onde cada ciclo baixa a  ler a unha zona da vila de Malpica. 

Por mor do cansanzo e organización das probas de Avaliación de Diagnóstico de 4º de primaria, o alumnado de 3º e 4º decidiu que, para preparar con tempo a merenda saudable, íamos ir o luns 27 de abril á Atalaia de Malpica.

Acudimos á cociña a preparar brochetas de froita con chocolate fundido. Xa tiñamos todo listo e preparado para marchar pero a choiva e o vento truncáronnos os plans, sendo imposible facer a saída prevista. 

Para que o alumnado puidese desfrutar dun tempo de lectura compartida, decidimos saír ao patio do cole, coa promesa de que, un día de bo tempo, baixaríamos á praia para quitarnos a espiniña de non poder ir a un lugar tan bonito e relaxante como a Atalaia e as súas vistas.

Clica na imaxe para acceder á galería.