29/04/26

3º e 4º EP_ Lectura na rúa 2026

 Para conmemorar o Día do libro, a biblioteca do cole organiza a Semana do libro, onde cada ciclo baixa a  ler a unha zona da vila de Malpica. 

Por mor do cansanzo e organización das probas de Avaliación de Diagnóstico de 4º de primaria, o alumnado de 3º e 4º decidiu que, para preparar con tempo a merenda saudable, íamos ir o luns 27 de abril á Atalaia de Malpica.

Acudimos á cociña a preparar brochetas de froita con chocolate fundido. Xa tiñamos todo listo e preparado para marchar pero a choiva e o vento truncáronnos os plans, sendo imposible facer a saída prevista. 

Para que o alumnado puidese desfrutar dun tempo de lectura compartida, decidimos saír ao patio do cole, coa promesa de que, un día de bo tempo, baixaríamos á praia para quitarnos a espiniña de non poder ir a un lugar tan bonito e relaxante como a Atalaia e as súas vistas.

Clica na imaxe para acceder á galería.



Ningún comentario:

Publicar un comentario