20/12/21

3º EP_ Un Nadal... natural!

 Que traballo tan xeitoso realizaron as nenas e nenos de 3º coas súas familias para decorar o noso corredor este Nadal. A consigna este ano era realizar adornos con materiais da natureza, contribuíndo así a unhas festas máis sostibles. Ademais tamén aproveitamos para realizar a nosa propia árbore, a Árbore dos Desexos, cun ramalliño que atopamos no patio e con follas que decoramos mediante a técnica da estampación con follas secas e témperas, 

Parabéns polo bonito traballo e felices festas! 

Máis imaxes pinchando na foto. 



3º EP_ Un Nadal cheo de tradicións en familia

 A semana pasada recibimos dúas sorpresas moi relacionadas co noso PDI Nós Patrimonio In-material: o pai de Bruno, Turu Tambores, enviounos un vídeo interpretando a Muiñeira de Malpica, composta polo gaiteiro Bieito Romero (Luar na Lubre), e ademais deunos unha breve master class sobre a gaita, encantounos tanto que xa temos varios nenos e nenas na clase que queren ser gaiteir@s!

Despois recibimos a visita da mamá de Marco García, Charo, e de Noelia, ambas da asociación Raighañas: aprendimos a bailar uns puntos de muiñeira, de xota e ata nos atrevimos cos agarrados! Finalmente xogamos a inventar as nosas propias coplas convertíndonos en regheifeiras e regheifeiros, pasámolo tan ben e sóubonos a tan pouco que agardamos que nos voltedes visitar e seguir improvisando e aprendendo! 

Moitas grazas por colaborar con nós na recuperación do noso patrimonio musical! 

(podedes ver máis imaxes pinchando aquí, e de sorpresa un video para que vexades o ben que bailamos para ser a primeira vez de moitos e moitas de nós)



4º_Nadal en familia!

Presentamos, en formato audiovisual, un resumo das visitas familiares en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

O mércores 15 visitounos a avoa da nosa compañeira Mónica Novo: Ermitas Arcay; que nos regalou a realidade do Nadal nos anos 1940-50 en Malpica e que tan ben atesoura na súa memoria.

O xoves 16 recibimos a visita da tía da nosa compañeira Mara Pérez: Elena Verdes, coa súa compañeira María Haz; que nos regalaron a tradición oral en Bergantiños.

O venres 17 pechamos as visitas coa nai de Lucas Cousillas: Ana Antelo; que nos regalou a pandeireta e as coplas acompañada das nosas compañeiras (Mónica, Mara Pérez, Noa e Natalia).

Tres xornadas de recollida de información, de aprendizaxes compartidas, de vivencias orais e musicais que xa gardamos na nosa mochila de vida: para saber de onde vimos e valorar o noso rico patrimonio, para non deixar que a nosa riqueza cultural esvaeza.

GRAZAS... avoa, tía e nai
por adicarnos o voso tempo, 
por compartir os vosos coñecementos 
e por regalarnos a vosa experiencia.

A seguir medrando xunt@s, coñecendo e valorando o noso.

Bo Nadal 2021, en familia, a tod@s!

18/12/21

4º_Instalación artística de 6ºEP

 Instalación artística Yayoi Kusama de 6ºEP

O luns 13 e venres 17 visitamos a instalación artística Yayoi Kusama que o alumnado de 6ºEP creou baixo a coordinación da mestra Uxía.

O noso compañeiro Alexis non puido asistir ao cole por atoparse enfermo, mais non quixemos que faltase na foto de grupo. Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación e un Bo Nadal, xa que rematamos o trimestre sen ter a oportunidade de despedirnos del.

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das sesións.

Parabéns @s compañeir@s de 6º e a mestra pola creativa e laboriosa actividade realizada.

Unha instalación chea de cor para recibir o Nadal... cun gran sorriso!

14/12/21

4º_Micro Bit: agasallo de Nadal!

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Vaia agasallo de Nadal, alfabetización informática con Micro Bit!

Grazas á formación impartida pola mestra Marta, equipo tecnolóxico, coñecemos a linguaxe de programación para configurar a placa Micro Bit e que pase a formar parte da nosa árbore de Nadal.

Premendo na imaxe accederedes á galería de imaxes da sesión.

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.

Programa o teu Micro Bit


E o resultado final, despois de programar o Micro Bit da nosa aula é... leds que se iluminan para representar un corazón e letra a letra "A aula de 4º deséxavos Bo Nadal!", con música incluída:

Un pasiño máis dentro da biblioteca creativa!

13/12/21

4º_Nadal Natural!

                             Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Como cada ano, decoramos a nosa árbore de Nadal!

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos.

Agradecemos a colaboración das familias na elaboración dos adornos naturais de Nadal, proposta do Equipo Creativo para o Laboratorio de Ideas de decembro.

Reutilizando con creatividade!