20/12/21

3º EP_ Un Nadal cheo de tradicións en familia

 A semana pasada recibimos dúas sorpresas moi relacionadas co noso PDI Nós Patrimonio In-material: o pai de Bruno, Turu Tambores, enviounos un vídeo interpretando a Muiñeira de Malpica, composta polo gaiteiro Bieito Romero (Luar na Lubre), e ademais deunos unha breve master class sobre a gaita, encantounos tanto que xa temos varios nenos e nenas na clase que queren ser gaiteir@s!

Despois recibimos a visita da mamá de Marco García, Charo, e de Noelia, ambas da asociación Raighañas: aprendimos a bailar uns puntos de muiñeira, de xota e ata nos atrevimos cos agarrados! Finalmente xogamos a inventar as nosas propias coplas convertíndonos en regheifeiras e regheifeiros, pasámolo tan ben e sóubonos a tan pouco que agardamos que nos voltedes visitar e seguir improvisando e aprendendo! 

Moitas grazas por colaborar con nós na recuperación do noso patrimonio musical! 

(podedes ver máis imaxes pinchando aquí, e de sorpresa un video para que vexades o ben que bailamos para ser a primeira vez de moitos e moitas de nós)



Ningún comentario:

Publicar un comentario