Esta semana o
Farruco sorprendeunos cun cartel informativo
Entroido 2021:SH, que nos mantivo á espera do día de hoxe no que fomos ver...
Mandadiño 1: algo sinxelo tes que levar posto na cabeza para comezar.
A vindeira semana comezaremos un Entroido "diferente", pero non menos divertido, no que cada día coñeceremos o Mandadiño do Farruco para vir á escola con obxectos diversos.
Cada obxecto será acumulativo e quedará na aula ata o venres 12 no que os disfraces de SH (Superheroes/Superheroínas) estarán completos e bailaremos coa música de Paco Nogueiras e o seu novo traballo Extra!, dispoñible na nosa Biblioteca.
Picando na imaxe accederedes ao vídeo da canción "Superheroe, superheroína"
Ao longo da vindeira semana elaboraremos os antefaces de SH 3º, esperamos sorprendervos!