Deixámosvos aquí o discurso das nosas compañeiras, e tamén o enlace ó vídeo que elaboramos todos xuntos/as.
" Hoxe estamos aquí conmemorando o día da muller. Esta celebración existe para reivindicar a igualdade de dereitos e de oportunidades entre os homes e as mulleres.
Este curso analizamos a importante labor da muller na ciencia.
Está é a muller que nós escollemos ( mostra unha imaxe de MILEVA MARIC). alguén sabe quen é?
Alguén sabe quen é este home? (mostra unha imaxe de ALBERT EINSTEIN.
Velaquí a necesidade de celebrar o día da muller.
As nenas de 4º de educación primaria, coa axuda nos nosos compañeiros, fixemos este vídeo, con el queremos que a próxima vez que vexades esta imaxe, sepades que tedes diante a nai da TEORÍA DA RELATIVIDADE.
Posto que estamos nunha biblioteca, ocúrresenos pechar a nosa exposición lembrando a VIRGINIA WOOLF.
Virginia Woolf foi unha escritora británica que reinvindicou os dereitos da muller. Nunha ocasión dixo que < atreveríame a aventurar que Anónimo, que tantos poemas escribiu sen firmar, era, a miúdo, unha muller.
Moitas gracias, e recordade que a igualdade é algo que construimos todos e todas, día a día.
Queremos agradecer a colaboración dos nosos compañeiros. Eles traballaron igual ca nós, e cedéronnos a nós todo o mérito."
Podes ver o vídeo pinchando aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario