05/06/26

3º_Revista escolar DígochoEU!

3º_Revista 2026 de Fátima Romero Olveira

Presentamos as dúas páxinas creadas para a revista DígochoEU!, a nosa revista escolar. Revista na que, curso a curso, reflectimos a nosa historia escolar.

O vindeiro curso máis actividades divertidas e creativas en... 4º de primaria!

Feliz verán a tod@s!

3º_Coidando o horto escolar


     Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

No día de hoxe conmemoramos o Día do Medio Ambiente e a aula de 3º, ben chegada a primavera, non podiamos deixar o horto escolar sen plantar. Arrincamos as malas herbas e preparamos a terra para plantar leitugas e flores.

O centro de interese da área de Ciencias da Natureza, plantas e máquinas, foi o desencadeante para iniciar o proceso de investigación das plantas da nosa contorna e coidar o noso horto escolar.

Agora esperamos que a natureza faga o seu traballo e xerminen boas leitugas e bonitas flores.

Queremos concienciARTE, coida do medio ambiente todos os días do ano.

29/05/26

3º_Un aula... de artistas!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Creamos na aula de arte diversas obras pictóricas, seguindo o PDI de centro e dentro da área de Educación Plástica e Visual.

A aula de arte, un espazo creativo máis da Biblioteca-Leolab, facilita o desenvolvemento de diversas actividades artísticas e creativas coas que nos divertimos mentres aprendemos.

Somos un aula... de artistas!

15/05/26

3º_Festival das Letras: Marabillarte!

No día de onte, celebramos o Festival das Letras 2026 no cal presentamos as sete artes que acolle o PDI de centro, Marabillarte, e visionamos a peza audiovisual que creamos para o DichoLeo 2026.

Feliz Día das Letras Galegas, valorando e coidando da nosa lingua todos os días do ano.

14/05/26

4º EP_ Festival das letras: RECITAL

 O alumnado de 4º de primaria aproveitamos os poemas creados para o Galiletras para facer o noso recital na festa máis importante do cole: o Festival das Letras. 

Esperamos que vos guste!



07/05/26

4º EP_ Galiletras: POESÍA

Este curso escolar, o alumnado de 4º de primaria converteuse en poetas. Despois de moita práctica coas rimas, conseguimos crear, en equipo cooperativos, 3 poemas de produción propia que serán recitados no Festival das Letras do próximo 14 de maio.
Esperamos que vos gusten!!

Galiletras 4º EP 2026 de bibliotecamilladoiro

30/04/26

3º_GaliLetras: Pedro e o lobo

3º_GaliLetras 2025-26_Pedro e o lobo

Presentamos o noso GaliLetras, Pedro e o lobo: reescribimos un conto clásico, que realizamos co gallo das XVI Lecturas Terroríficas na biblio e que pasará a formar parte do libro de produción propia da biblioteca.

Ao tempo, realizamos a produción en formato Galicómic, tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

Premer para acceder á galería de fotos

Produción propia realizada en galego no Mes das Letras 2026: lectura e escritura na nosa lingua nai todos os días do ano.

3º_ Aniversarios lectores (2º e 3º trimestre)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuamos cos aniversarios lectores ao longo do 2º e 3º trimestre. Lecturas compartidas entre iguais coas nosas familias, un gran regalo!

Antes de que remate o curso, completaremos a galería de fotos coas imaxes dos aniversarios que nos quedan por celebrar.

Ata entón... felices lecturas!

29/04/26

3º e 4º EP_ Lectura na rúa 2026

 Para conmemorar o Día do libro, a biblioteca do cole organiza a Semana do libro, onde cada ciclo baixa a  ler a unha zona da vila de Malpica. 

Por mor do cansanzo e organización das probas de Avaliación de Diagnóstico de 4º de primaria, o alumnado de 3º e 4º decidiu que, para preparar con tempo a merenda saudable, íamos ir o luns 27 de abril á Atalaia de Malpica.

Acudimos á cociña a preparar brochetas de froita con chocolate fundido. Xa tiñamos todo listo e preparado para marchar pero a choiva e o vento truncáronnos os plans, sendo imposible facer a saída prevista. 

Para que o alumnado puidese desfrutar dun tempo de lectura compartida, decidimos saír ao patio do cole, coa promesa de que, un día de bo tempo, baixaríamos á praia para quitarnos a espiniña de non poder ir a un lugar tan bonito e relaxante como a Atalaia e as súas vistas.

Clica na imaxe para acceder á galería.



26/03/26

3º e 4º_ Visita guiada aos murais de Carballo

 Ola baleatos!

Enmarcada dentro do noso PDI MarabillARTE, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria acudiron a unha visita guiada polos murais de Carballo. Maite foinos guiando polos distintos murais, explicando o proceso de creación e aspectos relevantes das obras.

Clica na imaxe para acceder á galería!



02/03/26

3º_Creando animais invertebrados


No 2º trimestre os animais e a materia son os centros de interese de Ciencias da Natureza. Grazas aos compañeiros/as de 5º de primaria creamos diversos animais invertebrados con plastilina.

Unha actividade do máis creativa e divertida!

23/02/26

3º_Día de Rosalía 2026

3º_Día de Rosalía 2026

Conmemoramos o Día de Rosalía de Castro copiando estrofas da súa escrita para espallar polo Camiño dos Faros. Agradecemos a María, a nai de Ángel, que como taxista se ofreceu a recoller os escritos para agasallar a aqueles camiñantes que poida trasladar ao longo do ano, regalando as palabras da nosa escritora universal a todos/as os/as que nos visiten.

Rosalíate, hoxe e todos os días do ano!

19/12/25

3º_Felices Festas!

A aula de 3º deséxavos...

Felices Festas!

Nós esperamos un 2026 con máis momentos de aprendizaxe e diversión compartidos, sempre coas nosas familias e profesorado como faros-guía.

Feliz 2026!

17/12/25

3º_Árbore de Nadal: marabillARTE e concienciARTE

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un ano máis creamos a nosa árbore de Nadal en relación co PDI que nos ocupa: Marabillarte.

Demos cor a pequenos obras nas que se reflicten diversos ecosistemas, pois ademais de marabillARTE queremos... concienciARTE!

Este Nadal e todos os días do ano... sexamos parte da solución, non da contaminación. Coida os ecosistemas!

15/12/25

3º_Aniversarios lectores (1º trimestre)


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os aniversarios lectores que desenvolvemos ao longo do 1º trimestre, dentro do programa Lectura e Familias.

Lecturas e familias diversas, compartindo aniversarios co mellor agasallo: ler coa familia para tod@s!

Continuará...

05/12/25

3º_Radio Balea: Que me contas?

Presentamos o podcast que gravamos en Radio Balea, dentro da sección Que me contas?, para atesourar a nosa produción propia, Pedro e o lobo. Reescribimos un conto clásico, narrada coas nosas voces.

Esperamos que vos guste!

03/12/25

4º EP_ Páxina do decálogo inclusivo para o Día da Discapacidade

 Ola Baleatos!!

O alumnado de 4º EP creou a súa páxina para o Decálogo Inclusivo do centro. Ademais, fixemos un programa para o podcast "MillaInforma", no que vos ofrecemos información sobre a discapacidade física e intelectual e o trato que merecen que lles deamos á xente que as padece. Se escaneades o código QR da imaxe, podedes escoitalo!

Fumos á aula taller imprimir as palabras da nosa frase "Todos merecemos o mesmo trato" e as pegamos na nosa páxina do decálogo, que mostramos a continuación.


Esperamos que vos guste!

3ºEP_Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE

  

Presentamos a páxina da aula de 3º para o Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE, dentro da proposta de actividades de centro.

Unha páxina que recolle un dos nosos lemas de aula, "Somos UNIC@S", xunto coas palabras de cada plantilla-peixe facilitada pola titora de 4º de infantil.

Despois de ler "Nadarín" de Leo Lionni, pensamos nas nosas capacidades, nas nosas fortalezas para escribir dentro de cada peixe unha soa palabra que nos definira, tal e como podedes ver na seguinte imaxe. Os peixes xa forman parte do mural colectivo creado pola aula de 4º de infantil.

Hoxe, e todos os días do ano, sexamos unic@s, divers@s!

02/12/25

3º_Educación Responsable: literatura, emocións e creatividade

                                         Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Iniciamos as actividades de Literatura, Emocións e Creatividade, dentro do programa Educación Responsable solicitado pola Dirección do centro no presente curso.

A lectura elexida é O homiño de papel de Fernando Alonso. Un título que nos permite desenvolver as emocións, a creatividade, a imaxinación e diversos valores.

Ao longo do 1º trimestre realizamos a primeira parte, antes da lectura, observando as ilustracións e rexistrando os datos identificativos do libro para aventurarnos a imaxinar o seu contido; así como creamos o noso amigo imaxinario ou AMI con follas de periódico, despois de visionar a película Amigos imaginarios de John Krasinski e que nos recomendou Leo, a nosa serea lectora, mediante a ficha-carta que podedes ver na seguinte imaxe.

Iremos ampliando a presente publicación, segundo implementemos a segunda parte, durante a lectura, e a última parte do programa, despois da lectura.

Damos continuidade, ao longo do 2º trimestre, as actividades LEC: durante e despois da lectura.

Durante a lectura do libro realizamos un caderno de exercicios diversos relacionado co libro e coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, integrando o PDI de centro: Marabillarte.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A proposta da biblioteca, EmocionARTE pola Paz!, incluía como recurso a valorar, na arte literaria, o noso libro; actividade que realizamos no proceso de tratamento da lectura.

Despois da lectura completamos a ficha de rexistro no noso caderno Leo le... EU LEO! e realizamos unha valoración emocional da mesma.

 Ficha Que me contas? do caderno Leo le... EU LEO!

A valoración realizámola dando uso a unha aplicación de realidade aumentada: Quiver Vision. Despois de debuxar a emoticona valorativa na ficha EmocionARTE 3D só nos quedaba facer uso da aplicación, que nos resultou abraiante e do máis divertida.

        
        Ficha EmocionARTE 3D
       
         App Quiver Vision (realidade aumentada)

Pechamos o programa coa ficha de documentación final que completa a liña LEC do PFPP, ficha que recolle todo o proceso lector e emotivo implementado na aula de 3º ao longo do curso 2025-26.

Seguiremos... lendo, emocionándonos e creando!

13/11/25

3º e 4º EP_ Visita ao Museo de Belas Artes

 Aproveitando que o noso PDI versa sobre as 7 artes e que o RetArte da biblio deste mes é a pintura, o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria acudiu a unha visita guiada ao Museo de Belas Artes. 

Pasamos un rato agradable aprendendo sobre Velázquez, os bodegóns ou Rubens. Recomendadísima! A entrada é de balde para todos e todas, non dubidedes en acudir!

Clica na imaxe para acceder á galería de fotos.