Iniciamos as actividades de Literatura, Emocións e Creatividade, dentro do programa Educación Responsable solicitado pola Dirección do centro no presente curso.
A lectura elexida é O homiño de papel de Fernando Alonso. Un título que nos permite desenvolver as emocións, a creatividade, a imaxinación e diversos valores.
Ao longo do 1º trimestre realizamos a primeira parte, antes da lectura, observando as ilustracións e rexistrando os datos identificativos do libro para aventurarnos a imaxinar o seu contido; así como creamos o noso amigo imaxinario ou AMI con follas de periódico, despois de visionar a película Amigos imaginarios de John Krasinski e que nos recomendou Leo, a nosa serea lectora, mediante a ficha-carta que podedes ver na seguinte imaxe.
Iremos ampliando a presente publicación, segundo implementemos a segunda parte, durante a lectura, e a última parte do programa, despois da lectura.
Damos continuidade, ao longo do 2º trimestre, as actividades LEC: durante e despois da lectura.
Durante a lectura do libro realizamos un caderno de exercicios diversos relacionado co libro e coa conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, integrando o PDI de centro: Marabillarte.
A proposta da biblioteca, EmocionARTE pola Paz!, incluía como recurso a valorar, na arte literaria, o noso libro; actividade que realizamos no proceso de tratamento da lectura.
Despois da lectura completamos a ficha de rexistro no noso caderno Leo le... EU LEO! e realizamos unha valoración emocional da mesma.
A valoración realizámola dando uso a unha aplicación de realidade aumentada: Quiver Vision. Despois de debuxar a emoticona valorativa na ficha EmocionARTE 3D só nos quedaba facer uso da aplicación, que nos resultou abraiante e do máis divertida.
Pechamos o programa coa ficha de documentación final que completa a liña LEC do PFPP, ficha que recolle todo o proceso lector e emotivo implementado na aula de 3º ao longo do curso 2025-26.
Seguiremos... lendo, emocionándonos e creando!


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario