Hoxe, as aulas de 3º e 4º de Primaria acudimos á biblioteca para recibir a primeira sesión do Contrato-Programa Innova EDUsaúde, que promove a dinamización de hábitos de vida saudable dentro do noso cole.
Nesta sesión, recordamos coñecementos e aprendemos outros novos sobre, por exemplo:
- Os macronutrintes e alimentos que os conteñen
- Alimentos saudables e non saudables
- Exemplos de almorzos saudables
- As froitas e hortalizas de tempada
Tamén puidemos resolver as nosas dúbidas, que non eran poucas😃, facendo todas as preguntas que quixemos!
Preme na seguinte imaxe para acceder ao álbum de fotos
Agardamos a seguinte sesión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario