Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares, a proposta era implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.
Na aula de 4º, estabamos a traballar sobre os fenómenos naturais que se producen no interior da Terra. A partir deste tema xurdiu a idea de elaborar a nosa propia lámpada de lava, simulando as forzas internas terrestres.
O noso compañeiro Jason trouxera á clase anteriormente unha incrible maqueta feita coa súa familia dun volcán.
Materiais a empregar: auga, envase de plástico reciclado, colorante alimentario e unha pastilla efervescente e......LÁMPADA DE LAVA en acción!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario