Os laboratorios de aprendizaxe LeoLab tiveron que ser reorganizados para adaptarse á delicada situación sanitaria do noso concello, da nosa comunidade educativa. Así pasaron a ser impartidos polos/as titores/as co seu grupo-clase, adicando cada mes a un laboratorio.
Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares, a proposta foi implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.
Na aula de 3º integramos o Lab. Experimental no lapbook de C.C. Sociais, centrándonos na atmósfera e o fenómeno atmosférico: as nubes.
Por que, como, onde se forma este fenómeno atmosférico? Que é o fenómeno pareidolia? Que é un cúmulo? Observamos, buscamos información, realizamos hipóteses e experimentamos para sacar conclusións.
Un laboratorio entre nubes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario