Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
09/01/20
Dereitos da Infancia: Dereito á protección
Os alumnos de 3ºde primaria do CEIP Milladoiro fixemos un cartel para celebrar o día dos Dereitos da Infancia. O dereito que escollimos para representar mediante pictogramas foi o Dereito a non ser abandonado nin explotado.
13/12/19
Ciencia na aula
Dende tempos inmemoriais, os volcáns espertan a curiosidade dos Seres Humanos.
Centos de lendas xiran o seu redor, e a pesar de que na actualidade, a ciencia é quen de explicalos, seguen deslumbrándonos.
![]() |
Ante tanta expectación, imposible non poñernos a investigar!!!
Etiquetas:
4º,
ALFIN,
biblioteca creativa,
ciencia,
comunicación,
vision 3C
20/11/19
Día Universal dos Dereitos do Neno/a
O 20 de novembro, coma cada ano, conmemoramos no Día Universal dos Dereitos do Neno/a,
a firma da convención sobre os DEREITOS DO NENO/A, de 1989.
Atendendo o PDI do centro deste curso, abordamos esta reivindicación empregando un sistema alternativo de comunicación, OS PICTOGRAMAS.
Etiquetas:
4º,
biblioteca creativa,
comunicación,
dereitos humanos,
vision3c
05/11/19
Esto é o que somos
No curso pasado inauguramos as nosas novas instalacións. Pasamos a formar parte dos centro piloto nos que a Consellería explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa.
estamos moi orgullosos da nosa traxectoria de excelencia educativa. Hoxe os centros LIA2 son 20. Cando nos seleccionaron a nós eramos 12 de toda Galicia (de Infantil a Bacherelato)
Así que:
podedes presumir de cole!
19/09/19
Benvidos e Benvidas!!
Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!!
Algúns/as só cambiades de curso, outros/as mudades de ciclo, de andar, de aula, e de mestra!!
Mimadriña cando cambio!!
En calquera dos casos, de seguro que con moita ilusión e moitas ganas.
Déixovos por aquí estas webs onde podedes entretervos, e repasar as táboas de multiplicar...
19/06/19
Xogos populares 1º e 2º ciclo E.P.
Hoxe, 1º e 2º ciclo de E.P., realizamos xogos populares no patio cuberto.
Unha nova xornada de aprendizaxes e diversión, con agasallos finais: unha chapa e unha buxaina.
O curso que vén máis!
Unha nova xornada de aprendizaxes e diversión, con agasallos finais: unha chapa e unha buxaina.
O curso que vén máis!
Etiquetas:
2018/19,
3º,
4º,
Actividades,
fin de curso,
xogos populares
17/06/19
Excursión de Fin de Curso
O venres 14 de xuño realizamos a excursión de fin de curso. Visitamos o Galipark en Padrón e o alumnado de 3º e 4º de primaria puido disfrutar dun bo número de actividades ao longo do día: Tirolina, Tiro con arco, Deslizador acuático, Laser Tag...
Velaquí un video resumo do que foi a xornada.
03/06/19
Arte coas crebas
As crebas recollidas nas praias da contorna nos primeiros
meses de curso serviron para que os escolares deixasen voar a imaxinación e
contruiran estas auténticas obras de arte.
Velaquí as pezas
realizadas polo alumnado de 4º de primaria
27/05/19
Festival das Letras Galegas
Velaquí o video da actuación do alumnado de 4º de primaria no festival que cada ano celebramos na nosa biblioteca escolar para conmemorar o día das Letras Galegas.
Nesta ocasión quixemos rendir homenaxe a Paco Souto, dando a coñecer a súa poesía ao resto de escolares, recitando e poñendo en escena algúns dos seus poemas.
Nesta ocasión quixemos rendir homenaxe a Paco Souto, dando a coñecer a súa poesía ao resto de escolares, recitando e poñendo en escena algúns dos seus poemas.
26/05/19
PAISAXE DE COSTA
Características da paisaxe de costa
Despois da andaina que nos levou dende Ponteceso ata a praia de Valarés, comezamos a traballar sobre as características da paisaxe de costa na aula.
A ría, as dunas, a praia, o illote, un cabo...
Ó longo da andaina vimos de primeira man moitas das peculiaridades desta paisaxe, despois, no cole, analizamos e completamos información.
Finalmente, levamos a cabo esta exposición, nela resumimos todo o que aprendemos na saída, á vez que profundizamos nas peculiaridades da paisaxe de costa.
Na páxina do concello de Ponteceso podes atopar máis información sobre esta ruta, e tamén fotos sobre esta paisaxe tan bonita e característica. PINCHA AQUÍ
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























