22/01/21

3º_Iniciando Lab. Documental

Este mes de xaneiro implementamos o Laboratorio Documental arredor da busca no catálogo en liña da nosa Biblioteca de exemplares relacionados con educación en valores, educación pola paz, convivencia, diversidade; enlazando así laboratorio de aprendizaxe e conmemoración do Día da Paz.

Reforzamos, pois, a Formación de Usuarios que iniciamos no 1º trimestre e eleximos o exemplar Lendas do recreo, para tratar aspectos coma: convivencia escolar no recreo, diversidade, empatía, compañeirismo, amizade,  xogos e imaxinación.

Este libro forma parte do Plan Lector Anual da nosa aula, un cómic que estamos a resumir para contar e elaborando os personaxes para compartilo cos/as compañeiros/as do colexio como produto final do Laboratorio Documental "Leo le...contos valorados, lecturas compartidas".

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Seguimos aprendendo divertíndonos!

15/01/21

3º_Te cuento con...emoji!


Iniciamos o 2º trimestre, volta ao cole e inicio de ano novo 2021 con novos proxectos e novas aprendizaxes vivenciais e divertidas.

Despois de redactar como foi o noso nadal e escribir os nosos recordos 2020 e desexos para 2021, iniciamos novo calendario co mes de xaneiro e o rexistro diario de emocións coa plantilla borrable que tanto nos gusta.

O 2020 non foi un ano fácil, mais un dos bos recordos que reflexamos a maioría foi: pasar tempo coa familia, tempo que nos trouxo o confinamento iniciado en marzo.

Entre os desexos 2021 escritos todos/as coincidimos en: que COVID-19 desapareza.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Saudable e feliz 2021, comezamos!

22/12/20

4º_Nadal 2020


E chegou o remate do trimestre, e chegou o NADAL, nestes tempos tan difíciles onde a nova normalidade nos quita celebralo como estabamos acostumados, pois....a celebralo doutro xeito pero non por iso peor...

Coa axuda da familias, decoramos a clase con motivos navideños preciosos e variados. 

Elaboramos os vasiños para as "uvas", para posteriormente darlle a benvida ao vindeiro ano 2021.

Tomamos chocolate con churros e ata bailamos!!!!

Pica na imaxe para ir á galería.


 

21/12/20

3º_Felicitación Nadal 2020

3º_Leo e...as caixas Rodari!

 




Entramos na aula e..encontrámonos cunha caixa de Leo!
Un agasallo de Nadal para pechar o trimestre soñando e poñendo en práctica unha das técnicas de Rodari.
O libro "Sete chaves para abrir os soños" encantounos e a técnica que aplicamos foi ensalada de contos.
Grazas Leo, unha vez máis!

18/12/20

4º_Laboratorio Imaxe: circuito eléctrico

 



Neste mes de decembro no Laboratorio de Imaxe, elaborammos o noso circuito eléctrico, con cinta de cobre, pilas e luz led. 
Con él intentamos iluminar a nosa postal de Nadal, remarcando a gran importancia das normas daeconvivencia da aula para conseguir ser cada vez mellores e avanzar.

3º_EmocionBot: produtos finais


Uns produtos finais moi, moi creativos e respectando o Medio Ambiente pois todos están feitos con materiais de refugallo aplicando as 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Cantas emocións ao longo do 1º trimestre, canta necesidade de aprender a organizalas, a xestionalas.

Seguiremos emocionándonos e aprendendo a canalizar cada emoción para medrar felices e contribuír a construír un mundo mellor.

3º_Lab. Imaxe: circuíto eléctrico

 

Este mes de decembro no Laboratorio de Imaxe traballamos os circuítos eléctricos empregando cinta de cobre, batería e luz led para iluminar o nadal, recordando que...

O mundo está nas nosas mans
URXE coidar o noso Planeta!

14/12/20

4º_Leo...e as caixas Rodari!

Entramos na clase e....sorpresa!!!!!....Leo deixaranos un agasallo.
Unha caixa chea de sorpresas para seguir inventando historias a partir do libro CONTOS POR TELÉFONO  e como non.....un teléfono!!!! 
A técnica a seguir foi, ensalada de contos....sairon e siguen saíando historias sorprendentes.
Picade na imaxe para ver a galería de fotos.

09/12/20

4º_ Laboratorio Experimental: Lámpada de lava

 

 




 

Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares,  a proposta era implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.

Na aula de 4º, estabamos a traballar sobre os fenómenos naturais que se producen no interior da Terra.  A  partir deste tema xurdiu a  idea de elaborar a nosa propia lámpada de lava, simulando as forzas internas terrestres.

O noso compañeiro Jason trouxera á clase  anteriormente unha incrible maqueta feita coa súa familia dun volcán.

 Materiais a empregar: auga, envase de plástico reciclado, colorante alimentario e unha pastilla efervescente e......LÁMPADA DE LAVA en acción!!!