09/12/20

3º_Lab. Ideas: satélite artificial


Voltamos ao laboratorio de cociña para crear unha máquina que fixemos orbitar entre dentes e nos aportou enerxía.
Deste xeito integramos os satélites artificiais no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía"
Canto nos gustou!
Este nadal haberá máis dun laboratorio de cociña caseiro creando satélites artificiais para orbitar na mesa, seguro!

04/12/20

3º_Lapbook C.C. Sociais


Integramos na elaboración do lapbook de C.C. Sociais, Comunicando: coidemos o noso Planeta! A Terra e o clima, varias aprendizaxes vivenciais e experimentais como os movementos da Terra e o fenómeno atmosférico as nubes.
A nosa situación xeográfica, Malpica, é un privilexio pois cada mañá podemos observar diferentes fenómenos atmosféricos e disfrutar da nosa fermosa paisaxe de costa.
Seguiremos emocionándonos aprendendo!

03/12/20

3º_Radio Balea 1º T.

Preme para acceder á galería de imaxes

Radio Balea acolleunos para gravar 2 seccións dentro dos programas iniciados o curso pasado: 

  • Festexamos. Samaín. Historia feita co binomio fantástico de Rodari "Ollo Vermello"
  • MillaInforma. Cousas que podemos facer para coidar o noso Planeta, informando do libro da sección Leo le...novidades da nosa Biblioteca Rescate Planeta de Patrick George.
Agradecemos o apoio do profesorado do Equipo de Radio para poder realizar as gravacións.

Seguiremos comunicando!

02/12/20

3º_Lab. Experimental: entre nubes!

Preme para acceder á galería de imaxes

Os laboratorios de aprendizaxe LeoLab tiveron que ser reorganizados para adaptarse á delicada situación sanitaria do noso concello, da nosa comunidade educativa. Así pasaron a ser impartidos polos/as titores/as co seu grupo-clase, adicando cada mes a un laboratorio.

Ao longo do mes de novembro, adicado á Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares,  a proposta foi implementar o Laboratorio Experimental empregando o método científico e o uso da Biblioteca para a búsqueda de información en galego.

Na aula de 3º integramos o Lab. Experimental no lapbook de C.C. Sociais, centrándonos na atmósfera e o fenómeno atmosférico: as nubes.

Por que, como, onde se forma este fenómeno atmosférico? Que é o fenómeno pareidolia? Que é un cúmulo? Observamos, buscamos información, realizamos hipóteses e experimentamos para sacar conclusións.

Un laboratorio entre nubes!

3º_Aula Virtual e avatares

Creamos os nosos avatares para poder editar a imaxe do noso perfil na Aula Virtual (AV)

Ante posibles confinamentos iniciámonos, con titorial en man, no acceso e uso da AV.

Picando na imaxe accederedes ao álbum no que se recollen todos os avatares que creamos, as nosas imaxes virtuais.

01/12/20

3º_Outono de palabras, outono de pictogramas

Un outono de palabras e pictogramas para emocionarnos, comunicarnos, expresarnos porque temos dereito a ser escoitados/as nun mundo diverso.

Un proceso moi fermoso que nos levou dende a creación das nosas propias nubes de palabras e nube de pictogramas partindo do poema "Palabras" de Gianni Rodari e o traballo da simetría para confecionar as follas de outono ata a técnica plástica para debuxar os pictogramas usando o pictotraductor en liña (https://www.pictotraductor.com/) e o tratamento dos Dereitos da Infancia.

Picando na imaxe accederedes ao ficheiro desta emocionante Tarefa Integrada.

20/11/20

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.

Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE. 
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR!


09/11/20

4º_Que me contas?

 



INICIANDO.....que me contas?


Iniciamos o programa de animación á lectura QUE ME CONTAS?

Os xoves baixamos á biblioteca a realizar os empréstitos dos libros, un deles é o que lemos e co que realizamos esta actividade na HORA de LER.

 Tamén collemos outros que levamos para ler na casa, á seguinte semana entre o luns e o martes ímolos traendo e colocámolos na caixa DE LER da clase en coarentena para poder baixalos a biblio o xoves.

Pica a imaxe para acceder á galería.

29/10/20

4º_Cabazas Fantásticas SH



Para celebrar o Samain, creamos en familia Cabazas Fantásticas: Superheroes e Superheroinas.

Picando na imaxe accederedes á galería.

27/10/20

3º_Ollo Vermello

Presentamos a nosa creación co binomio fantástico de Rodari para a XI Semana das Lecturas Terroríficas, non contamos con público pero alegrounos moito poder voltar subir ao escenario da nosa Biblioteca.

Pasámolo xenial creando a historia en gran grupo e editándoa xuntos/as, faltounos o noso compañeiro Alexis por coincidir o horario da Biblioteca co día que el está no centro de E.E. por iso a nosa actuación vai adicada a el.

Esperamos compañeiros/as que a desfrutedes tanto coma nós e...

FELIZ SAMAÍN, A LER SEN FIN!