18/03/20

Traballos que imos facendo

Se estades aburridos/as e non sabedes que facer, botádelle un ollo ós CALIGRAMAS que fixeron algúns dos vosos compañeiros/as. 
Bo traballo equipo!!!



















17/03/20

Educación Física: SEGUIMOS CO PLAN!



SEGUIMOS CO PLAN!!!

OLA A TODOS E A TODAS!!

Achego unha sesión máis para todos aqueles que estedes facendo un pouquiño de exercicio na casa!                          
Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.
Ahí vai
1ª PARTE.
-      Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).

Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-      Acostados boca abaixo, levantarse e correr ata onde a referencia que lles marquedes.
-      Acostados boca arriba idem
-      Sentados cas mans levantadas.
-      Dende a posición de cuclillas.
-      Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.



2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-      Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.


3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BLANCA-PALOMA NEGRA.   LIGAZÓN: 


BRUJA MANDA COLOR:LLes dicimos: Bruja manda color… e dicimos unha cor que haxa na sala, o  neno ou nena ten que sair correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.



VOLTA A CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquelo o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa,  o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a resìración e o movemento do peito que sube e baixa.



Veña, a moverse!                                         

PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DIARIA


Laboratorio de Ideas: EMOCIONBOT


Hai vida máis aló das pantallas...

Xa falamos de que non podemos adicar todo o día a estar detrás dunha pantalla. O divertido, está lonxe da pantalla. Deixovos aquí organizados os enlaces de " ideas de que facer?".


Estas imaxes, podedes imprimilas. Se non tedes impresora, copiádeas nun folio!! ( Para todo hai solución)  E colgádelas no voso " Tablón de motivación " Excepto o de " cosas que he hecho en casa", ese precisades un para cada día! Podedes usalo a modo de " Diario da cuarentena". Os/as que o fagades, poderedes facer unha exposición da vosa experiencia cando volvamos ó cole!










Números Decimais

Hoxe comezamos cos números decimais!! 
 
Ademáis das tarefas que xa vos comuniquei,  déixovos por aquí uns vídeos que espero que vos axuden.

Vídeos:
Qué son os números decimais?
Decimales: décimas, cetésimas..

Leer números decimales
Descomposición numeros decimales

Páxinas para practicar:
Leer, descompoñer
Variedade de actividades
Iniciación decimais
Actividades decimais

Leer decimales
Descomposición decimales
Moitos recursos Decimais


16/03/20

Educación Física: movémonos!


Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.

Mañan espero subir a programación semanal.

Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUÉDOMENACASA

Un agarimoso saúdo.

Óscar.


                         TRABALLO PARA MARTES 17 DE MARZO:


1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 

Con esa bola feita faremos o seguinte:

- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: 

Paso unha ligazón para facer un exercicio de relaxación.


ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA!!
SAÚDOS!!

OS RÉPTILES

Posto que hoxe tocou traballar Ciencias da Natureza, enlázovos aquí uns vídeos sobre o que traballamos.
Podedes facer algo parecido ó que facemos na clase, védelos, anotades preguntas, e logo facédesvos as preguntas en familia. Quen acertará máis?
Réptiles
Curiosidades sobre réptiles
Réptiles en INGLÉS

3º: traballo Cuarentena

Esta é a proposta de traballo da profesora titora de 3º para o seu alumnado.