16/02/13

Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte

O venres, @s falcatrueir@s de 3ºA visitamos o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte situado en Corme, unha realidade grazas á Fundación Torre-Pujales.
Tod@s gozamos moito da visita guiada por Javier e Óscar que nos abriron as portas ás pinturas de Julio Pujales e outras obras (pinturas e esculturas) de diversos artistas contemporáneos.
Para rematar firmamos no libro de visitas, agradecendo o esforzo de todos os que fixeron posible que o arte se achegue á Costa da Morte, e visitamos o Faro Roncudo.
Paga a pena visitar o Museo, nós deixámosvos un enlace a súa web "Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte" e as fotos da nosa visita (pica na foto).



16/01/13

Leandro Lamas

Como sei que os nenos e nenas de 3º andan a traballar con cousiñas de arte e con Leandro Lamas, deixovos este video que ¡me encanta!

21/12/12

Nadal 2012

Xa forman parte do noso album picasa as fotos do nadal 2012: a nosa decoración da árbore aludindo ao tema elexido este curso "Pintores" e os traballos tan fermosos dos nosos talleres de nadal.
Bo Nadal a tod@s e que o Apalpador e os Reis Magos veñan cargadiños de agasallos para tod@s!!!


Felicitación Nadal

Os falcatrueiros de 3ºA queremos desexarvos 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2013!!!




15/10/12

Xa estamos en 3º

Con todo o traballo de inicio de curso, aínda non tivemos tempo de presentarnos.
Somos os pícaros que xa estamos en 3º; así que neste 2º ciclo seremos os falcatrueiros de 3ºA.
Dar a benvida a dous novos compañeiros: Brais e Noa, que xa se adaptaron moi ben ao cole e ao noso grupo.
Por aquí nos veremos ao longo do curso, relatándovos as nosas andainas escolares.



22/05/12

Negro carbón

Que fermoso conto ese que escribíchedes! Negro carbón é unha traballadísima historia na que todo cadra. A min, parecíame que a escribira Andersen, ou os Grimm.... ata que soupen que a escribirades vós ¡Felidcidades! O enlace ás fotos para descargalas: AQUÍ