16/02/13

Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte

O venres, @s falcatrueir@s de 3ºA visitamos o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte situado en Corme, unha realidade grazas á Fundación Torre-Pujales.
Tod@s gozamos moito da visita guiada por Javier e Óscar que nos abriron as portas ás pinturas de Julio Pujales e outras obras (pinturas e esculturas) de diversos artistas contemporáneos.
Para rematar firmamos no libro de visitas, agradecendo o esforzo de todos os que fixeron posible que o arte se achegue á Costa da Morte, e visitamos o Faro Roncudo.
Paga a pena visitar o Museo, nós deixámosvos un enlace a súa web "Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte" e as fotos da nosa visita (pica na foto).



Ningún comentario:

Publicar un comentario