Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
05/11/11
3º: Triller
Velaí o excelente traballo dos nenos e nenas de 3º e de Mari, a súa profe que puxeron a coreografía deste famosísimo tema de Michel Jackson.
Antes de comezar estaban algo nerviosos porque a compañeira que facía de Michel... tivera que ir ó médico! Pero chegou a tempo.
Ó rematar REPARTIRON CARAMELOS PARA TODOS!!!
18/10/11
REUNIÓN DE PAIS
O vindeiro Mércores día 19 de Outubro ás 16:30 h celebraranse as reunións das titoras de 3º e 4º coas familias nas aulas correspondientes. A reunión rematará ás 17:30 h. Prégase puntualidade.
09/10/11
EXCURSIÓN A CABANA DE BERGANTIÑOS
O pasado día 5 de outubro os nenos de 4º xunto cos de 5ºB e 6º fixemos unha saída didáctica por Cabana de Bergantiños para coñecer "in situ" os restos dunha cidade castrexa "A cidade de Borneiro". Encantounos!!! Ademais de ver e oir as explicacións do noso guía, xogamos por medio do castro a buscar pistas para completar un mapa sobre esta antiga cidade. Tamén fixemos sendeirismo seguindo a ruta do "Rego dos Muiños" duns 3 kms. No recorrido vimos moitos muiños deteriorados que non están en uso e un que aínda está en funcionamento. Podedes vernos facendo o xogo e a camiñata nas seguintes fotos. Ata a próxima!...
27/09/11
Brancaneves
Ao longo deste curso, todo o cole centrará as súas actividades en coñecer os contos clásicos. A grupo de 3º traballará sobre o conto de Blancaneves para coñecelo mellor. Irémosvos contando as cousas que descubramos sobre este famoso conto.
Aquí queda unha listaxe de recursos para traballar o conto:
2. SPC
6. Dulceros
9. Invitación
9. Varios
- Videos cortos:
1. Video 1
2. Walt Disney
3. Estilo xaponés
- Xogos de Brancaneves
- Cancións:
1. Heigh ho
Benvidos ao curso 2011/2012
Comezamos nova andadura e con novos alumnos. Benvidos ao 2º ciclo e a un novo curso. Esperamos que este sexa un sitio onde mestres, alumnos e familias nos reunamos e compartamos experiencias.
20/01/11
Valeria Fraga Albarez
20/10/10
OS NOSOS MELLORES RELATOS
Ao longo deste curso, os alumnos de 4ºA imos ESCRIBIR sobre moitas, moitas cousas. No noso blog iremos publicando as nosas mellores producións.
Aquí tedes os mellores relatos.......o noso primeiro traballo. Que o disfrutedes!
Aquí tedes os mellores relatos.......o noso primeiro traballo. Que o disfrutedes!
12/05/10
De campamento
Ola amigos! Son Uxia.
A fin de semana do 7 ao 9 Maio fomos a un campamento de ingles chamado Fieitas. Vouvos contar as nosas experiencias. Se queredes ver as fotos premede nos enlaces.
VENRES
-Ao chegarmos fixemos un xogo de presentación. Despois dixéronnos en que habitación durmiriamos. Que líos!
- Pola noite, alumeando cas linternas na escuridade, corremos para resolver as pistas da Caza do Tesouro o máis axiña posíbel. Emocionante!!!
- A durmir!!!!!!!!Para moitos de nós era a primeira experiencia pero sobrevivimos. Somos uns valientes.
SÁBADO
- Vivacs: Cos materiais atopados no monte, tivemos que construir as nosas propias vivendas. As fixemos con todo tipo de luxos, ata con elementos decorativos. Mirade, mirade!!
Como deu en chover, o resto das actividades tivémolas que facer no camping.
- Ás cegas: Iamos por parellas, un de nós cos ollos tapados e o compañeiros tiñannos que dirixir dando ordes en inglés. O obxectivo era atopar polo camping a tartaruga da mesma cor que tiña adxudicada cada parella. PERIGO DE TROMPAZOS!!!!E MOITOS RISOS!!!
- Obradoiro de serpentinas: Interesante obradoiro no que, con serpentinas, fixemos torres, buxainas, tartarugas, bonecos....
E pola noite:
- As cores: Moito rimos con este xogo. Habia que andar agudos para escoitar a cor en inglés e coller sitio. Se quedabamos sen silla, podiamos sentarnos enriba de alguén que vestise ca mesma cor.
- O tren: jejejejejje! As fotos o din todo.
Quedamos tan cansos que nin a gran tormenta nos quitou o sono!!!

DOMINGO
Outro de xogos diversos, entre eles: xogando con tipis, likes and dislikes( gústame e non me gusta), o espantallo...
As comidas: outro momento no que todos nos tivemos que adaptar. Nada de tonterías...porque había fame!!!
03/05/10
Dia do mel
O día do mel estivemos nun obradoiro.
Alí ensináronos cousas sobre ela: como é, como se fai! Ata probala!
A moi poucos lle gustou,pero a quen lle gustou ata repetiu.
Igualdade de xénero
A igualdade de xénero quere dicir que non se pode pegar,insultar e berrar. Ese día ensináronos moitas cousas porque nós non o facemos moi ben. Pasámolo moi ben!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)