O pasado día 5 de outubro os nenos de 4º xunto cos de 5ºB e 6º fixemos unha saída didáctica por Cabana de Bergantiños para coñecer "in situ" os restos dunha cidade castrexa "A cidade de Borneiro". Encantounos!!! Ademais de ver e oir as explicacións do noso guía, xogamos por medio do castro a buscar pistas para completar un mapa sobre esta antiga cidade. Tamén fixemos sendeirismo seguindo a ruta do "Rego dos Muiños" duns 3 kms. No recorrido vimos moitos muiños deteriorados que non están en uso e un que aínda está en funcionamento. Podedes vernos facendo o xogo e a camiñata nas seguintes fotos. Ata a próxima!...
Ningún comentario:
Publicar un comentario